Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h de hoxe
Estabilizado un incendio no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Reigada, que afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas
Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Vilarmeao
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas
Extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Lobios que afectaba o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 0,10 hectáreas
A Xunta impulsa un proxecto de innovación sobre rotacións ecolóxicas de cultivos forraxeiros para a produción de leite
O proxecto desenvólvese nas instalacións da Estación Experimental agrogandeira situada no concello lugués da Pobra do Brollón, pertencente á rede de fincas experimentais da Consellería do Medio Rural
Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de lobios que afecta o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos dunha hectárea
Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos dunha hectárea
A Xunta prevé devolver á produción este ano unhas 1.300 hectáreas de terreo grazas á iniciativa das aldeas modelo
Foi o que destacou José González, que tamén se reunirá esta mesma tarde cos comuneiros de Moreiras-Trelle para buscar fórmulas que aposten pola multifuncionalidade dos montes da zona
O Pazo de Quián acolle hoxe e o mércores dous cursos sobre os queixos galegos con Denominación de Orixe organizados pola Xunta
Abordaranse aspectos como as características, calidades e particularidades destes produtos, os seus procesos de elaboración, os elementos propios de cada denominación, os consellos reguladores e a súa análise sensorial
Extinguido o incendio rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño
Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 36,4 hectáreas
A Casa do Concello de Abegondo acolle dende mañá un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios organizado pola Xunta
A acción está integrada no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria