Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comeza coa recollida de bugallas para comprobar o grao de parasitación do Torymus sinensis nos soutos de castiñeiros
A principal finalidade desta mostraxe é coñecer a presenza e as taxas de parasitismo deste individuo que combate a doenza da avespiña do castiñeiro
Esta fin de semana comeza o programa de formación de catas de aceite de oliva virxe extra nos concellos da Arnoia e da Estrada
Ademais destes primeiros cursos de iniciación, sábado na Arnoia e domingo na Estrada, haberá outros de perfeccionamento e avanzado nas seguintes fins de semana
Activo un incendio forestal no concello lucense de Quiroga, parroquia do Hospital
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas
A Xunta concede 51 axudas para o fomento da silvicultura activa por máis de 1,2 millóns de euros para a provincia da Coruña
A Consellería do Medio Rural vén de conceder outras 12 axudas en materia de xestión forestal activa nos montes galegos por un importe de máis de 309.000 euros a entidades e particulares da provincia
Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas
Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 105 hectáreas: 80 rasas e 25 arboradas
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude acolle unha xornada técnica sobre maquinaria para a mecanización da horta
A acción, que incluíu demostracións en campo, ten lugar nun momento de incremento da demanda de distintos equipos para mecanizar tarefas agrarias
Mañá comeza na Casa da Cultura da Pontenova o curso sobre técnicas de extracción de resina organizado pola Xunta
A acción formativa desenvolverase ata o vindeiro día 10 de outubro
A Xunta impulsa no Festival da Luz o consumo dos 36 produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade
A Consellería do Medio Rural pon a disposición do evento os Menús da Luz, que se poden adquirir xa na súa web ou de xeito presencial o propio sábado
Aprazado o curso sobre emprego de drons en labores agrícolas e forestais previsto no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo
A acción, integrada no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, desenvolverase en vindeiras datas
A Xunta comunica a maior concesión de axudas para o fomento da silvicultura activa por máis de 13,5 millóns de euros
A Consellería do Medio Rural vén de conceder axudas a 546 beneficiarios apostando por unha silvicultura adaptada para preto de 7.400 hectáreas