Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Oficina Agraria Comarcal de Vilalba acolle mañá unha xornada sobre a prevención de ataques de lobo á gandaría
A iniciativa intégrase no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
A Xunta impartirá a vindeira semana dous cursos sobre traballos de arboricultura no CFEA de Guísamo
Un deles comeza o luns 28 e será sobre o mantemento básico da motoserra, mentres que o outro comezará o martes 29 e versará sobre técnicas avanzadas de trepa e apeo controlado
O control de pragas e enfermidades na horticultura centrará dous cursos organizados pola Xunta en Oza-Cesuras e Guísamo nos próximos días
O primeiro será en Oza-Cesuras entre mañá e o vindeiro luns 28, data na que comezará o segundo, que se prolongará ata o dous de outubro e que terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo
A Xunta tramita a inscrición de cinco montes da provincia de Pontevedra no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os anuncios de información pública dos correspondentes expedientes de inscrición no devandito rexistro
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita Rairiz de Veiga, Cualedro e Monterrei para comprobar in situ a afectación dos incendios
Gabriel Alén agradeceu e puxo en valor o traballo dos servizos de extinción mobilizados, así como dos medios de emerxencias despregados para controlar os lumes que afectaron a provincia os últimos días
Axentes ambientais da Xunta sorprenden 'in fraganti' un home cando prendía lume en Cangas
Ocorreu a pasada tarde na parroquia de Coiro deste municipio pontevedrés
A Xunta organiza en Vilalba e Monforte de Lemos senllos cursos sobre a prevención de ataques de lobo á gandaría
Na Oficina Agraria Comarcal vilalbesa levarase a cabo unha xornada o día 24, mentres no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte a acción prolongarase do 28 ao 30 de setembro
Extinguido o incendio forestal rexistrado na illa de Ons, concello de Bueu
Segundo as últimas medicións, afectou 3,4 hectáreas rasas dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas
José Luis Cabarcos toma posesión como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e Inés Santé como directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Foi nun acto celebrado esta mañá en San Caetano e presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González
Controlado o incendio forestal rexistrado na illa de Ons, concello de Bueu
Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 4 hectáreas do Parque Nacional Marítimos Terrestre das Illas Atlánticas