Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

13/10/20 | 16:50 | C. do Medio Rural

A Xunta doa 50 cordeiros ao banco de alimentos de Lugo ao abeiro da rede Mercaproximidade

Esta semana cederanse en total 150 cordeiros, dos que tamén se beneficiarán Cáritas e os Bancos de Alimentos da Coruña, Santiago, Ourense e Pontevedra

13/10/20 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza esta fin de semana en Vilamarín un curso de marketing e comercialización de aceite de oliva virxe extra

O obxectivo é facilitarlle ferramentas aos profesionais deste sector que lles permitan mellorar a difusión e venda dos seus aceites como produto galego emerxente

12/10/20 | 09:00 | C. do Medio Rural

O persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais fórmase este trimestre en seguridade, grandes lumes e xestión das comunicacións nos centros de coordinación

Estes nove cursos, que se enmarcan no plan de formación impulsado pola Consellería do Medio Rural, están á disposición do persoal ata final de ano

10/10/20 | 11:22 | C. do Medio Rural

A Xunta doará 150 cordeiros a distintas entidades sociais ao abeiro da rede mercaproximidade

As cesións, que se levarán a cabo a semana vindeira, beneficiarán a Cáritas e aos Bancos de Alimentos da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra

09/10/20 | 12:26 | C. do Medio Rural

Gonzalo Trenor destaca que Medio Rural investiu máis de 142.000 € na mellora do mercado de Curtis, na renovación de camiños municipais e na instalación de puntos de auga

O delegado da Xunta na Coruña, acompañado polo alcalde da localidade, realizou a súa primeira visita institucional a este concello

09/10/20 | 12:17 | C. do Medio Rural

A Xunta ten en marcha un total de 44 proxectos de aldeas modelo en Galicia

Inés Santé sinalou que 12 xa están declaradas e o resto en distintas fases de execución

09/10/20 | 10:39 | C. do Medio Rural

O concello de Folgoso do Courel acolle mañá a primeira xornada en campo do curso de bioapicultura que imparte o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

O obxectivo é comprobar in situ como funcionan distintos apiarios e alvarizas que se están a manexar con técnicas biolóxicas

09/10/20 | 10:07 | C. do Medio Rural

Un total de 66 Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira reciben axudas da Xunta por valor de 2,1 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución para dar publicidade á relación de beneficiarios destas axudas que xestiona a Consellería do Medio Rural

08/10/20 | 10:12 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza mañá en Bergondo un curso sobre o emprego de drons en labores agrícolas e forestais

Terá unha duración total de 8 horas e celebrarase en horario de mañá e tarde no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo

07/10/20 | 17:47 | C. do Medio Rural

A Xunta xerou dende 2019 máis de 65.000 notificacións para que os concellos as remitisen aos particulares que incumpren as súas obrigas de xestión da biomasa preto das vivendas

Nas 157 parroquias priorizadas -de 81 concellos- xestionáronse xa 177.000 parcelas con 9.800 hectáreas, o que supón case o 66% dos predios e algo máis do 64% da súa superficie total, no marco do convenio de protección das aldeas