Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta alega o decreto estatal sobre nutrición dos solos agrarios para adaptalo ás explotacións galegas e reclama a súa implantación gradual para non prexudicar o sector
José González reclamou que se teñan en conta os condicionantes naturais de Galicia, como a orografía accidentada, a climatoloxía atlántica ou a existencia de numerosos canles fluviais
As catas dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia comezan o vindeiro luns en Santiago
Ata o venres 30 cataranse unhas 400 mostras procedentes dunhas 150 adegas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas e outra vintena amparadas polas indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais
A Xunta comezará nas vindeiras semanas cos traballos de helimulching nas principais zonas afectadas polos lumes da provincia de Ourense
Tomás Fernández-Couto explicou os traballos que xa se están realizando para recuperar de forma integral o ecosistema afectado polos incendios forestais
A Xunta e o Concello de Larouco reforzan a súa colaboración para o fomento da riqueza forestal e a defensa dos montes deste municipio ourensán
José González e Patricia Lamela coincidiron na necesidade de continuar impulsando o desenvolvemento deste concello mediante o aproveitamento do seu potencial forestal e de intensificar o labor de prevención fronte os incendios
A Xunta felicita aos gañadores da undécima edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, agradeceu aos oito premiados a súa aposta polo agro galego
A Xunta lembra que a investigación xudicial sobre o Centro Tecnolóxico da Carne está aberta e baixo o segredo do sumario
José González amosou a confianza e a plena colaboración do Goberno galego co labor da Xustiza e avogou por ser prudentes e agardar ao resultado da investigación para coñecer os feitos e, no seu caso, valorar o personamento da Xunta como posible prexudicada
A Xunta seguirá sendo leal co Goberno central nas negociacións da PAC pero inflexible na defensa dos intereses de Galicia
José González lamentou a rebaixa do 10% no orzamento da futura PAC, que supón unha “perda do peso relativo” destas partidas no conxunto das contas comunitarias, algo que -dixo- cómpre compensar cos fondos de reconstrución
A Xunta habilita preto de 24 M€ para apoiar os agricultores, gandeiros e pemes do agro galego afectados pola covid-19
Será mediante axudas directas e préstamos garantidos no marco do Plan de reactivación e dinamización do medio rural aprobado polo Goberno galego e que suporá, en total, o investimento de 165 millóns de euros
A Xunta pagará a semana que vén preto de 38 M€ correspondentes aos anticipos das axudas da PAC 2020-2021
Estes pagos, que realizará o Fondo Galego de Garantía Agraria, céntranse nos adiantos das liñas de vacún de leite e de carne
A Xunta organiza este sábado en Lugo unha xornada técnica sobre as posibilidades de desenvolvemento do chopo en Galicia
Esta acción terá unha parte teórica que se desenvolverá en horario de mañá e outra parte práctica, coa visita a dúas parcelas en Sarria e Bóveda