Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o Concello de Baralla estudan a posibilidade de poñer en marcha algún instrumento de mobilización de terras neste municipio lugués
O conselleiro, José González, mantivo unha xuntanza co alcalde, Miguel González, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos seus veciños en relación co agro
A Xunta destaca que 24 cooperativas agrarias galegas recibirán este ano 2,4 millóns de euros das axudas para o uso de maquinaria en réxime asociativo
José González lembrou tamén que entre onte e hoxe comezaron a aboarse os anticipos da PAC, que suporán un ingreso de preto de 38 millóns de euros para os agricultores e gandeiros da nosa comunidade
A Xunta ofrecerá un sistema de substitución gratuito para as explotacións e pequenas industrias agroalimentarias con persoal en corentena pola covid-19
Feijóo incide en que é fundamental para que as explotacións agrogandeiras poidan subsistir, para os titulares das mesmas, pero tamén para a cadea de industria da alimentación en Galicia
A Xunta destaca o investimento de máis de 88.000 € que recibirá a cooperativa Monte Aro para o fomento do uso de maquinaria en réxime asociativo
Trenor destacou que os principais obxectivos que perseguen estas axudas son a utilización de maquinaria de forma comunitaria, así como fomentar o uso de novas tecnoloxías e o aforro enerxético
A Xunta destina 12 millóns de euros en axudas directas para os sectores da flor cortada e planta ornamental e de vacún de carne
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de Medio Rural pola que se convocan estas achegas temporais e excepcionais para dar continuidade á actividade empresarial destes dous sectores afectados pola emerxencia sanitaria
A Xunta achega preto de 6 millóns de euros a máis de 600 beneficiarios das axudas para a prevención dos danos causados por incendios, desastres naturais e catástrofes
A través destas achegas contribúese a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os lumes forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos montes
A Xunta presenta o novo selo de calidade Artesanía Alimentaria que porá en valor os produtos do agro e do mar feitos de xeito tradicional
José González definiu a norma como necesaria e útil, tanto para as artesás e artesáns como para os consumidores en xeral
A Xunta entregou un total de 210 plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais no marco do convenio de protección das aldeas
A día de hoxe, están adheridos a este convenio 265 concellos galegos e outros dous solicitaron a súa inscrición
A Xunta dá inicio ás Catas dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia
Ata o venres 30 vanse catar arredor de 400 mostras procedentes dunhas 150 adegas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas e outra vintena amparadas polas indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais