Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza en Trazo e Curtis dous cursos sobre competencias empresarias nas explotacións gandeiras
A formación de Trazo ten previsto comezar o vindeiro martes 25 de outubro, mentres que a de Curtis empezaría o mércores 26 de outubro
Galicia acolle as xornadas de intercambio de expertos forestais que buscan fomentar a converxencia de dispositivos e mellorar a xestión deste tipo de emerxencias
Este foro prolongarase ata o vindeiro xoves 20 de outubro e nel participan unha trintena de expertos en materia de prevención e extinción de incendios procedentes de varias comunidades autónomas
A Xunta defende que Galicia sexa “a capital do rural feminino” pola presenza e o peso da muller no noso agro
José González sinalou que as mulleres galegas “son as gardiás da terra” e a súa importancia ponse de manifesto porque -sinalou- “sen mulleres rurais non habería historia de Galicia”
A Xunta pon en valor os 1,4 M€ investidos na recuperación do potencial forestal dos montes de Vigo
Os traballos, que culminaron este ano, realizáronse ao abeiro do convenio entre o Goberno galego, a mancomunidade de montes da cidade e as comunidades de montes veciñais de Valadares, San Andrés de Comesaña, Coruxo e Zamáns
A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrecen os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria para a xestión do monte e a anticipación aos incendios forestais
Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como as agrupación forestais de xestión conxunta
A Xunta desenvolve actualmente ata 14 programas sanitarios gandeiros oficiais cun investimento de 52 M€
José González celebrou a efectividade destes programas e agradeceu aos veterinarios o seu labor neste eido, así como o asesoramento e incentivo que prestan á participación na mellora do status sanitario das explotacións por parte dos gandeiros
A Xunta destaca o traballo dos grupos de desenvolvemento rural na dinamización do agro galego
Inés Santé anunciou que os 24 grupos actuais foron preseleccionados para seguir á fronte da xestión do programa Leader no vindeiro período 2023-2027, tras cumprir todos eles coas condicións de admisibilidade esixidas
A Xunta amplía en Galicia a superficie baixo certificación forestal FSC® (FSC C152178) en 10.000 hectáreas con 13 novos montes
Con esta nova inclusión, son 88 os montes galegos baixo xestión da Xunta de Galicia que contan a día de hoxe cunha certificación FSC
A Xunta contribúe ao desenvolvemento da actividade apícola da Casa do Mel de Goente cunha achega de case 100.000 euros en dúas anualidades
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros interesouse, polos programas que leva a cabo a entidade ao longo do ano e a problemática que afecta ao sector, vinculada á presenza da vespa velutina