Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pon en valor na véspera do Día internacional dos bosques que Galicia conta xa con 300.000 hectáreas de monte ordenado
José González destacou que a nosa comunidade conta con algo máis de dous millóns de hectáreas de superficie forestal
Activo un incendio forestal no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras
Segundo as primeiras medicións, o lume afecta a máis de 20 hectáreas
Un total de 82 candidaturas optan este ano aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural
A presente edición bateu récord de proxectos presentados, destacando un notable incremento nas categorías de mulleres, mocidade, recuperación de terras agrarias, turismo e interese social
Medio Rural prohibe dende mañá as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas
Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición
A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por Sars-Cov-2 nunha granxa de visóns de Santiago
A comunicación da positividade, que tamén se trasladou ao titular da explotación, faise consonte ás normas vixentes en España de comunicación de enfermidades emerxentes
A Arnoia albergará o primeiro polígono cortalume da provincia de Ourense
Terá unha superficie de arredor de 60 hectáreas e localizarase dentro de montes de propiedade municipal, nos que se fomentará o cultivo de viñedo
A Xunta entrega 11 novas motobombas ao Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia
Dende o ano 2013 o Goberno galego adquiriu un total de 88 novos vehículos deste tipo, o que supón que se renovou máis da metade do parque móbil de motobombas do Servizo
A Xunta convoca case 400.000 euros en axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que regula estas subvencións, que se poderán solicitar no prazo dun mes a contar dende mañá
A Xunta investiu preto de 2 M€ na concentración parcelaria de Foxáns-Bendaña, no Concello de Touro
A superficie afectada ascende a máis de 461 hectáreas, pasado de máis de 6300 parcelas a menos de 1000 fincas, o que supuxo que a superficie media por predio se multiplicase por sete
O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán amplía a súa colección de grilos ao recibir 500 novos exemplares da Asociación Biodiversidade en Galicia
Esta doazón permitiu practicamente duplicar o número de especies coñecidas en Galicia deste grupo de insectos, convertendo esta colección nunha das máis completas da nosa comunidade