Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Extinguido un conato de incendio forestal no concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, dentro do Parque Natural do Xurés
O lume afectou 0,02 hectáreas de superficie, todas elas de monte raso
A Xunta aposta por aumentar a produción das denominacións de orixe de queixo galegas e por mellorar o seu posicionamento no marco da estratexia do sector lácteo
Ante representantes das catro DOP dos queixos, José González púxoas como exemplo da transformación do leite en produtos de alto valor engadido que xeran riqueza na nosa comunidade
A Xunta destaca que Galicia é líder nacional en certificación forestal
José González, que estivo acompañado polo director de Xera e polo delegado territorial, salientou que Galicia dispón do 30% da superficie nacional certificada polo sistema FSC e achegou no 2020 o 60% do monte con selo PEFC en España
A Xunta entrega 1.437 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Órrea-Galegos, en Riotorto, a preto de 500 veciños
A Consellería do Medio Rural investiu case tres millóns de euros neste proceso, sendo o máis custoso as obras relativas á rede de camiños
A Xunta avanza na creación dun polígono agrario que permitiría duplicar a superficie dedicada á produción de mazá de sidra na comarca de Tabeirós-Terra de Montes
Este instrumento de mobilización -proxectado nunhas 100 hectáreas de Cerdedo-Cotobade- contribuiría a que o sector da bisbarra supere o millón e medio de quilos de mazá de sidra que se producen na Estrada cada ano
Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as últimas medicións, o lume rexistrado en dous focos na parroquia de Randín afectou 0,5 hectáreas de monte raso
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín que afecta o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as primeiras medicións, o lume rexistrado en dous focos na parroquia de Randín leva afectadas 0,2 hectáreas de superficie
Extinguido o incendio forestal no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras
Segundo as últimas medicións, o lume afectou 40 hectáreas, das cales 30 foron de monte raso e 10 arboradas
Controlado o incendio forestal no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras
Segundo as últimas medicións, o lume afecta unhas 30 hectáreas
Estabilizado o incendio forestal no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras
Segundo novas medicións, o lume afecta unhas 30 hectáreas