Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe
Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, por proximidade do lume ao lugar de Portela, parroquia de Gundriz, do concello limítrofe de Samos
Estabilizado o incendio forestal no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle
Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 30 hectáreas
Activo un incendio forestal no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle
Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas
A Xunta tramita a inscrición do monte “Salto do Cabalo” de Riós no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas
En concreto, inscribiranse máis de 17 hectáreas deste monte de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Progo, situado no concello ourensán de Riós
A Xunta anima ás pemes do sector primario e agroalimentario galego a presentar iniciativas que poidan optar a fondos europeos para facer fronte aos efectos da covid-19
A Consellería do Medio Rural vén de lanzar a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos, que tamén contribuirá a definir as liñas estratéxicas de actuación no rural galego
A Xunta tramita a inscrición do monte "Santa Juliana" da Fonsagrada no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas
En concreto, inscribiranse case 46 hectáreas deste monte de titularidade da Sofor homónima, situado no concello lucense da Fonsagrada
A Xunta destina tres millóns de euros para as axudas de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia na convocatoria de 2021
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde da Consellería do Medio Rural, cuxo obxectivo é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo
Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 17,43 hectáreas de monte raso en Galicia
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,30 h de hoxe
Controlado o lume no concello ourensán de Viana do Bolo (Pradorramisquedo) que supera as 20 hectáreas de superficie e que tamén afecta territorio zamorano