Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reactiva as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas de particulares na comunidade
A partir de hoxe, os interesados deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras
A Xunta pon en valor o Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo na celebración do seu centenario
José Luis Cabarcos destacou que as instalacións ofrecen un ciclo medio de Formación Profesional de Aproveitamento e conservación do medio natural na modalidade dual, que inclúe prácticas remuneradas en empresas desde o primeiro momento
A Xunta declara de utilidade pública e de interese social as aldeas modelo de Soutogrande en Vilariño de Conso, Cortegazas en Avión e Ferreiros en Ames
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe tres decretos da Consellería do Medio Rural que buscan axilizar a tramitación destas aldeas
A Xunta reafirma o seu compromiso co sector da castaña, no que investirá 4,8 M€ o ano que vén para o seu impulso
Dese orzamento, a Xunta reserva 3,8 millóns de euros para novas plantacións e a restauración de soutos, e un millón de euros para accións modelo de mellora de soutos a través de convenios con asociacións de xestión conxunta
A Xunta promociona os seus produtos de calidade na XXIII edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria vai desenvolver un amplo programa de actividades, entre as que se atopan un total de 14 obradoiros e degustacións de produtos galegos con Denominación de Orixe Protexida ou de Indicación Xeográfica Protexida
A Xunta anuncia a toma de posesión de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña no concello de Santa Comba
Deste xeito, a Consellería do Medio Rural pon en coñecemento dos veciños afectados pola reestruturación que poden comezar a usar as novas parcelas resultantes do proceso de reorganización da propiedade
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural contará en 2023 cun 21% máis de orzamento para continuar aplicando a Lei de recuperación da terra agraria
Inés Santé referiuse aos 5,9 millóns de euros para desenvolver instrumentos da Lei, aos case 2,2 millóns para plans de dinamización dos núcleos rurais das aldeas modelo ou aos máis de 2 millóns para infraestruturas de aldeas e polígonos agroforestais
A Xunta avanza nos traballos de construción de novos pozos para o regadío da Limia cun investimento total de case 6 millóns de euros
José González lembrou que as actuacións consisten na construción de 40 novos pozos de sondaxe de auga nesta bisbarra ourensá
A Xunta somete á información pública o proxecto de construción dunha base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra no marco do proxecto Interlumes
O DOG publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se poderán presentar alegacións á iniciativa nun prazo de 20 días hábiles a contar desde mañá
A Xunta celebra que o labor da Unidade de Investigación de Incendios Forestais levara a prisión ao presunto autor de máis dunha ducia de lumes en Salvaterra de Miño e Ponteareas
A Fiscalía de área de Vigo solicitou a entrada no cárcere do suposto incendiario tras novos indicios aportados pola UIFO e polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil