Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pon en valor a cooperativa Forxabar, que recibiu nos últimos cinco anos máis de 160.000 euros en axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios
A Consellería do Medio Rural resolveu a convocatoria de axudas de 2022 incrementando nun 40% o orzamento anual habitual ata chegar aos 36,72 millóns de euros adxudicados, dos que máis de 70.000 euros corresponderon a esta cooperativa
A Xunta rehabilita de xeito integral o mercado municipal de Crecente para favorecer a venda de produtos locais cun investimento de 96.000€
O delegado territorial, Luis López, visitou esta mañá as obras de acondicionamento interior da Praza de Abastos, na que se crearán catro postos comerciais independentes e un local para un supermercado, na compaña do alcalde, Julio César García-Luengo
A Xunta convoca as axudas do Plan Leader cun orzamento de 15,3 millóns de euros para as anualidades de 2023 e 2024
Trátase da sexta e última convocatoria do período Leader 2014-2020, que en conxunto supoñen unha axuda pública de 90,3 millóns de euros
A Xunta suma a empresa de alimentación Acastrexa ás preto de 40 empresas adheridas ao selo de calidade de Artesanía Alimentaria
Este distintivo de calidade diferenciada garante que as producións contan cunha elaboración tradicional e unha presentación coidada, acorde coa súa condición de produtos que pretenden situarse entre os da gama gourmet
A Xunta e o Concello do Saviñao estudarán a posibilidade de implementar un polígono agroforestal para gandaría
Tamén se acordou arranxar a estrada que vai do cruce de Tribás a Ousende, a través do Plan de Infraestruturas Rurais de 2023, cunha contía de 120.000 euros
A Xunta avanza no convenio coa Fundación Paideia para o desenvolvemento dun proxecto de cara á mellora do material forestal de reprodución
A Consellería do Medio Rural colabora con Cultigar e co Centro de Investigación Forestal de Lourizán para a mellora xenética de carballos e bidueiros
A Xunta consolida a nova orientación da Mesa da Castaña cara ao impulso da calidade diferenciada e das variedades autóctonas
Outórgaselle un maior peso á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, entidade que exerce as competencias en materia de indicacións xeográficas, para que poida dirixir máis claramente a súa actuación cara á produción e a comercialización
A Xunta pon en valor Queserías Sarrianas, beneficiaria nos últimos dez anos de case 2,3 M€ en axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios
A Consellería do Medio Rural resolveu a convocatoria de axudas de 2022 incrementando nun 40% o orzamento anual habitual ata chegar aos 36,72 millóns de euros adxudicados, dos que 475.000 euros corresponderon a Queserías Sarrianas
A Xunta destina máis de 6,13 millóns de euros en axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para a promoción de viños en terceiros países no ano 2023
As achegas para os investimentos en elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas teñen un orzamento de 4,43 millóns de euros e os interesados teñen de prazo ata o 31 de xaneiro de 2023 para presentar as solicitudes