Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta recibe 13 ofertas de empresas para executar a nova depuradora de Queiruga, en Porto do Son, que suporá un investimento de máis de 1,7 M€
Esta actuación iniciarase a mediados de 2022 e terá un prazo de execución de 12 meses
A Xunta reforza desde este xoves os servizos de transporte público aos institutos de Baiona e do Rosal e ao centro de saúde de Nigrán
Habilítase unha parada no IES Primeiro de Marzo de Baiona na liña que conecta A Guarda con Vigo, no horario de entrada ao instituto
Ethel Vázquez destaca a contribución da Xunta á mellora da calidade de vida e ao reforzo do atractivo de Ourense co investimento de máis de 1,6 M€ na recuperación da Ponte Romana e da contorna da Capela dos Remedios
Nesta 2ª fase mellorouse a conexión entre a Ponte Romana e a Capela dos Remedios, dotando dun novo acceso o Paseo das Ninfas, que gaña en accesibilidade a través dun espazo aberto con ramplas, escaleiras, mobiliario urbano e unha fonte de auga potable
A Xunta adxudica por 410.000 euros as obras da senda entre Xornes e a igrexa de San Xoán, no concello de Ponteceso
Habilitarase un novo itinerario peonil e ciclista de 1,3 km de lonxitude pola marxe dereita da estrada AC-421, enlazando coa senda de Xornes-Buño-Canta la Rana, na que a Xunta investiu 535.000 €
A Xunta adxudica a reparación da drenaxe transversal da estrada OU-540 no concello de lobios
As obras, adxudicadas por un importe de case 48.000 euros, iniciaranse nas vindeiras semanas
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de dous ríos no concello de Bueu
Os traballos desenvólvense na parroquia de San Martiño de Bueu, nun treito de 1,3 quilómetros do rego do Frade, e noutro treito de máis de 1,5 quilómetros de lonxitude nun río innominado do lugar da Portela
A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en dous treitos antigos da estrada AC-342 no concello de Vimianzo
Os traballos, cun investimento de máis de 46.000 euros, iniciaranse nas vindeiras semanas
A Xunta adxudica por preto de 195.000 € as obras da sendas peonís de Vilar de Cas e Güimil e da mellora da contorna do santuario de Couso de Salas, en Muiños
Habilitaranse 3 treitos de sendas pola marxe dereita da estrada OU-302 en Vilar de Cas, que suman 450 metros de lonxitude, e outros 100 metros no lugar de Güimil, para facilitar os desprazamentos entre o centro sociocultural e as vivendas da zona
Luis López anuncia a concesión de 117.000€ ao concello de Cerdedo-Cotobade para mellora de pistas ao abeiro do Plan Marco
O delegado territorial, acompañado polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, informou desta achega na visita de supervisión á 1ª fase da mellora e acondicionamento do vial Covas-Os Palleiros, executada cunha axuda de 48.000€ do Plan de Infraestruturas Rurais 2021
A Xunta construirá unha senda na estrada autonómica AC-421 entre Valenza e Castrobó, no concello de Coristanco
Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 30.000, comezará nas vindeiras semanas