Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta envía ao Concello da Fonsagrada o informe de viabilidade da conexión ao futuro polígono
Javier Arias confirmou que a Axencia Galega de Infraestruturas remitiu hoxe o documento coas directrices que deberá ter en conta o goberno local á hora de redactar o proxecto técnico e solicitar a autorización de obra
Ethel Vázquez avanza que o Consello da Xunta aprobará mañá o proxecto de Lei mellora da xestión do ciclo integral da auga, que redundará na protección da saúde ambiental das rías
Vázquez Mourelle subliña que esta Lei suporá a profesionalización da xestión dos servizos, camiño necesario para optimizar a calidade das masas de auga das rías
A Xunta licita 2 sistemas innovadores para mellorar a xestión da auga e aumentar a resiliencia ante o cambio climático mediante as novas tecnoloxías, cun investimento de 5,7 M€
Trátase de solucións tecnolóxicas para avanzar na xestión de datos e na capacidade para predicir as inundacións ou a seca, garantindo así a protección do medio ambiente e da poboación
A Xunta inicia a información pública do proxecto de construción dunha beirarrúa na estrada autonómica PO-315 ao seu paso por Beluso, no concello de Bueu
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anuncia este novo avance administrativo para esta actuación de reforzo da seguridade viaria nunha visita, co alcalde, Félix Juncal, ao treito entre A Achadiza e A Costa de Figueirón
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Rois dunha superficie de máis de 4.100 m2 no dominio público adxacente á AC-301
Trátase dunha franxa de terreo situada na marxe dereita da estrada autonómica que comunica Padrón e Augasantas, entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+560
A Xunta recibe 11 ofertas para a xestión e mantemento da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, que suporá un investimento de case 10,2 M€
Garántese así o funcionamento das instalacións durante os vindeiros dous anos, prevendo o novo contrato a posibilidade de prórroga por un máximo de 36 meses
Ethel Vázquez avanza un investimento da xunta de 2 M€ para a construción dunha nova depuradora e a mellora do saneamento na parroquia de Arca, no concello do Pino, que se iniciará no verán
Actuarase en cinco núcleos da parroquia de Arca: O Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón, que na actualidade contan con dúas fosas sépticas que funcionan deficientemente, provocando vertidos frecuentes ao medio
A Xunta asina a acta de replanteo das obras de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense, que se iniciarán a finais de marzo cun investimento de preto de 52,6 M€ e xerarán preto de 1.000 empregos
Construirase un novo edificio de hospitalización e reformarase o actual Hospital Materno Infantil, ao tempo que se melloran os accesos, incrementando a superficie construída nun 11%, ata superar os 136.000 m²
A Xunta inicia este luns novos traballos de limpeza nas marxes da estrada AC-552 ao seu paso polos concellos da Coruña, de Arteixo, da Laracha e de Carballo
Continuarase cos traballos en execución nas estradas autonómicas AC-234 e AC-840, nos municipios de Arzúa e de Melide, respectivamente
As obras da 1ª fase de mellora da estrada autonómica LU-231 entre Friol e Palas de Rei fan necesario un corte de tráfico a partir do martes
O corte, que se prolongará ata o 23 de maio, é preciso para avanzar nas obras de acondicionamento dos primeiros 9,4 km da estrada LU-231, coincidente co treito entre a travesía de Friol e o acceso a Castrelo