Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

28/03/22 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsará mesas de diálogo permanente entre transportistas e cargadores para facilitar o funcionamento harmónico e transparente da cadea loxística en Galicia

Ethel Vázquez adianta o reforzo da Xunta arbitral de transportes e as mesas de diálogo para o seguimento das relacións entre cargadores, distribuidores e transportistas, iniciativa que debera estenderse tamén ao resto de España

28/03/22 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 83.000 € o servizo para a aplicación de codia de eucalipto fronte á proliferación de cianobacterias no encoro de Caldas de Reis

Trátase de minimizar o risco das posibles proliferacións de cianobacterias no encoro da Baxe, contribuíndo á recuperación do ecosistema e a evitar os posibles problemas de abastecemento ás captacións existentes augas abaixo do encoro

26/03/22 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da primeira fase da rede de saneamento da parroquia de Ribadetea, no Concello de Ponteareas

A actuación deriva do Plan Director de saneamento municipal, que prioriza o desenvolvemento dunha nova rede e tres bombeos para recoller as augas residuais nas zonas que se identifican como A Freixa I, A Freixa II e Mourade

25/03/22 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada da Xunta en Ferrol traslada ao alcalde de San Sadurniño o compromiso de que as obras de mellora da AC-862 estean rematadas este verán

Martina Aneiros mantivo esta mañá unha reunión con Secundino García co que fixo un repaso das necesidades do concello

25/03/22 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o investimento da Xunta de 445.000 € para dotar de acceso o futuro parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212

Actuarase na OU-212 á entrada do futuro polígono de Lebozán, conectando o viario interior coa estrada autonómica, dándolle maior operatividade á área industrial

25/03/22 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da nova glorieta da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a Alameda de Noia, cun investimento de 1,1 M€

Executarase unha nova glorieta de 26 metros de diámetro, con calzada de carril único de 6 metros e con beiravías, e cun deseño que ten en conta a presenza de numerosas vivendas na súa contorna

24/03/22 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Augas de Galicia prevé emitir en abril a resolución da concesión para a nova captación no río Vilacoba, no concello de Noia

Teresa Gutiérrez explica que, en canto o Concello solicitou a modificación da concesión, a Xunta iniciou a tramitación, que incluíu un proceso de información pública, a inspección da zona e a elaboración do informe técnico

24/03/22 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a execución das obras de 3 colectores e un pozo de bombeo en Orto e Crendes, no concello de Abegondo, tras un investimento de 910.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, entregoulle hoxe as novas infraestruturas hidráulicas ao Concello

24/03/22 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 505.000 € as obras de conservación da Ponte Ceilán, na estrada AC-550, ao paso polos concellos de Noia e de Outes

Os traballos, que contarán cun prazo de execución 6 meses, reforzarán a seguridade do peón mediante a substitución da varanda actual por unha nova