Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

10/04/22 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para executar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga cun investimento de 970.000 €

A finais do verán iniciaranse os traballos, que contan cun prazo de execución de 12 meses e permitirán actuar sobre 2 km da vía e eliminar un treito de concentración de accidentes

Renovaranse 5 interseccións no treito da PO-504 que transcorre entre o lugar do Vinquiño e o inicio da parroquia de San Tomé de Gondar, coa construción dunha glorieta no cruce co Camiño ao Santo

09/04/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta rematará este mes os traballos da estrutura do bloque cirúrxico e de urxencias do hospital público Gran Montecelo de Pontevedra

Esta estrutura inclúe 11 quirófanos, as unidades de radioterapia ou as áreas de urxencias e rehabilitación

09/04/22 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 270.000 a construción das sendas de Soesto e de Serantes no concello de Laxe

Executaranse en total algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da AC-433, co obxectivo de facilitar os desprazamentos a pé dos veciños e favorecer unha mobilidade máis segura e sostible nestes núcleos

08/04/22 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co Concello de Ames para acondicionar a avenida da Peregrina, en Bertamiráns, cun investimento autonómico de case 82.000 €

Trátase de mellorar o tramo da estrada AC-544 que vai desde a intersección coa avenida da Maía ata o punto quilométrico 0+610, sumando 610 metros

08/04/22 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colocará redutores de velocidade na estrada PO-214 en Pontecesures para reforzar a seguridade dos peóns na contorna do centro escolar

Os traballos, que se veñen de adxudicar por máis de 48.000 €, comezarán nas vindeiras semanas e consisten na execución de redutores de velocidade, na elevación dun paso de peóns e na instalación de semáforos

07/04/22 | 16:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza os estudos xeotécnicos para a construción do Novo Hospital Público da Coruña

Estes traballos, que se prolongarán ata a vindeira semana, teñen como obxectivo analizar o terreo para avaliar a cimentación e os muros de contención necesarios

07/04/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de reforzo do sistema de abastecemento ao concello de Arteixo e ao polígono de Morás que supoñen un investimento de 3,8 M€

Execútase un bombeo desde a zona de Vío Baixo ata a de Vío Alto, ademais da construción nese punto de depósitos de regulación

07/04/22 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que en xullo os veciños de Cangas disporán dunha estación de autobuses renovada e dunha área intermodal modernizada grazas a un investimento da Xunta de 400.000 €

Os traballos céntranse esta semana na dársena de autobuses para seguir despois no interior, obrigando a delimitar a zona e o propio edificio de forma provisional

07/04/22 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/04/22 | 16:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía a declaración de prealerta por seca a toda a conca de Galicia-Costa como medida preventiva e para un seguimento máis exhaustivo da situación

Mantense o escenario actual nos sistemas de explotación do 1 ao 12, e esténdese o protocolo preventivo aos 7 sistemas da zona norte que ata agora presentaban niveis de normalidade