Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

19/04/22 | 18:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta subliña o papel cada vez máis destacado da muller no transporte, un sector esencial para o funcionamento económico e social

Vázquez Mourelle pon de relevo o diálogo permanente e fluído que mantén a Xunta co sector, como quedou acreditado co paro da actividade do pasado mes de marzo e iniciativas como a mesa xeral de diálogo impulsada cos transportistas

19/04/22 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 8 ofertas de empresas para executar a nova senda e a mellora da seguridade na PO-308 entre Fontenla e Combarro, en Poio, cun orzamento de 1,7 M€

A Consellería de Infraestruturas prevé iniciar os traballos en setembro, cun prazo de execución de 18 meses

19/04/22 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol anuncia a licitación das obras de execución de gabias de seguridade en catro estradas autonómicas da zona que suporán un investimento superior aos 1,1 millóns de euros

As actuacións levaranse a cabo na vía de alta capacidade VG-1.2, en Fene e Mugardos, na autovía AG-64, nos tramos de San Sadurniño e As Somozas, e nas estradas autonómicas AC-563 e AC-564, en Cabanas e A Capela

19/04/22 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 10 empresas para executar a mellora do firme na estrada PO-548 ao seu paso polos concellos de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilagarcía de Arousa, cun investimento de máis de 1,5 M€

 As obras terán un prazo de execución de seis meses e centraranse no reforzo do firme desta vía autonómica, no tramo de algo máis de 19 km que une a vila de Pontecesures e a glorieta de acceso ao porto de Carril

18/04/22 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 85.000 € as obras de renovación da rede de abastecemento en Magros, no concello de Beariz

A actuación, cun prazo de execución de 4 meses, ten como obxectivo dotar dunha nova rede de abastecemento os barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo, asegurando un caudal de auga mínimo ás vivendas e ás bocas da rega

18/04/22 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da xunta de 1,1 M€ nas sendas das Vendas e Santa Baia, en Esgos e no Pereiro de Aguiar, cuxas obras se licitan hoxe co obxectivo de rematalas na primavera de 2023

Executaranse dous itinerarios que sumarán 3 km de lonxitude e cun ancho mínimo de 2 metros, separando o tráfico rodado da vía do tránsito dos peóns mediante diferentes elementos, para reforzar a seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables da estrada

18/04/22 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde mañá os servizos de autobús ao IES de Brión cunha nova parada no centro educativo

Na liña de Santiago á Gándara que sae de Compostela ás 07,45 horas introdúcese unha parada no instituto en época lectiva, con chegada ao centro ás 08,15 horas, dez minutos antes do comezo das clases