Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia o luns as obras de reforzo do firme da estrada LU-234 ao seu paso polos concellos de Lugo e de Friol, que suporá un investimento de case 520.000 €
Esta intervención fai necesario o corte do tráfico entre o luns día 20 e ata o venres 1 de xullo, sen incluír o festivo de San Xoán nin a fin de semana
Comeza a construción da torre de hospitalización do Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra, un cambio completo na fisionomía do edificio
A edificación modifica agora totalmente a súa xeometría e o sistema estrutural, que pasará da forma rectangular das plantas inferiores á característica ‘Z’ da torre de hospitalización, que ocupará os andares 5º e 9º
A Xunta licita o proxecto do centro de ciberseguridade de Galicia co obxectivo de que sexa realidade a mediados de 2025 cun investimento de 4,2M€
As empresas poderán presentar ofertas ata o 14 de xullo, coa previsión de adxudicar en outono o contrato e dispoñer na primavera do proxecto que permita avanzar cara o comezo dos traballos
Un total de 11 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de reforzo do firme nas estradas autonómicas AC-400, AC-406 e AC-546, cun investimento de máis de 1,5 M€
Trátase de actuacións de mellora nestas tres vías da Xunta ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira
A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras de mellora do firme en seis estradas autonómicas de Pontevedra e do Salnés
Actuarase na estrada PO-300 ao seu paso por Meis, Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia; na PO-309 en Poio; na PO-312 e na PO-316 en dous treitos do Grove; na PO-308 en Sanxenxo; e na PO-531 en Pontevedra
A Xunta recibe as ofertas de 9 empresas para executar a reposición do firme nas estradas PO-201 en Silleda e PO-960 en Vila de Cruces, cun investimento de 1,6 M€
A mellora na estrada Silleda-Laro inclúe fresado, reposición do firme, modernización das marcas viarias e limpeza das marxes ao longo de arredor de 8 quilómetros
A Xunta chama aos grupos políticos e aos concellos a sumar esforzos na defensa dun mapa estatal de autobuses sensible coas necesidades de Galicia
Vázquez Mourelle manifesta o rexeitamento do Goberno galego ao mapa estatal de de transporte por estrada, que reduce un 47% as rutas e deixa o 74% dos concellos sen parada, supoñendo a desconexión de 3 millóns de persoas en toda España
O proxecto Innovaugas 4.0 da Xunta, premio á mellor iniciativa pública no sector da auga nos galardóns ‘Water Europe Innovation 2022’
Os premios promóveos a plataforma Water Europe, creada pola Comisión Europea e que congrega a 250 membros de 28 países que representan a toda a cadea de valor da auga
A Xunta adxudica por máis de 715.000 € as obras da 1ª fase de mellora da estrada OU-402, no concello de Arnoia
Actuarase nun treito de case 1,6 km da vía que carece de beirarrúas, de beiravías e de zona para peóns
Ethel Vázquez destaca a licitación das obras de renovación das beirarrúas da estrada PO-226 en Moraña, un investimento de máis de 387.000 euros que estará concluído na primavera de 2023
Mellorarase un treito de 300 metros da que é a vía principal do municipio, desde a intersección que dá acceso á Casa do Concello ata o límite do núcleo urbano, renovando as beirarrúas e adaptándoas á nova normativa de accesibilidade e rehabilitando o firme dos carrís de circulación