Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A rede autonómica de estradas rexistrou un aumento medio de tráfico do 18,1% en 2021, fronte ao retroceso do 20,8% motivado pola pandemia en 2020
O tráfico medio rexistrado no conxunto das estradas da Xunta foi de 2.985 vehículos ao día, cifra que sube na rede cualificada como estruturante ata os 6.349 vehículos diarios
A Xunta adxudica por máis de 394.000 euros as obras que dotarán de acceso o futuro parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212
Conectarase a estrada autonómica co viario interior do futuro parque de Lebozán, dándolle maior operatividade á área industrial e reforzando a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio
Ethel Vázquez destaca a Lei de mellora da xestión do ciclo da auga como un gran apoio aos concellos que marcará un antes e un despois na calidade dos servizos aos cidadáns e no coidado das rías e dos ríos
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade pon en valor o carácter transformador da norma, unha ferramenta de axuda aos concellos para a xestión das súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración
A Xunta somete a consulta ambiental o proxecto de trazado da primeira fase da variante de Carballo, que suporá un investimento autonómico de máis de 18,7 M€
A intervención permitirá que os tráficos de longo percorrido que actualmente discorren a través da trama urbana de Carballo e da AC-552 poidan canalizarse por unha nova vía perimetral pola zona leste do municipio
A Xunta acondicionará paradas de autobús na estrada PO-400, no concello de Crecente
As obras, adxudicadas por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas
A Xunta inicia as obras de mellora do firme en seis estradas autonómicas de Pontevedra e do Salnés, que suporá un investimento de 1,3 M€
Os traballos comezaron pola PO-312 na Toxa, no concello do Grove, e inclúen obras na PO-300 en Meis, Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia; na PO-309 en Poio; na PO-316, tamén no Grove; na PO-308 en Sanxenxo; e na PO-531 en Pontevedra
A Xunta deixa sen efecto o proxecto sometido a información pública da senda na estrada OU-402 en Reza
O DOG publica hoxe a resolución que anula o expediente de información pública da senda, prevendo a redacción dun novo proxecto que reduza as afeccións ás propiedades
A Xunta abrirá a nova estación de autobuses o 1 de agosto se o Concello finaliza os accesos no prazo establecido na comisión de seguimento
A delegada territorial da Xunta en Vigo informou da data de apertura da Intermodal á espera de que o Goberno municipal acabe o nodo de entrada e saída á AP-9
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego de Gandarío, no concello de Bergondo
Estes traballos desenvólvense no percorrido do rego ao seu paso pola parroquia de San Xoán de Ouces