Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta recibe as ofertas de 8 empresas para executar a renovación das beirarrúas da estrada PO-226 en Moraña, cun investimento de máis de 387.000 euros
Actuarase nun treito de 300 metros da vía principal do municipio, desde a intersección que dá acceso á Casa do Concello ata o límite do núcleo urbano
A Xunta activa desde o luns novos servizos de autobús directos desde O Porriño cara á praia América
Os servizos estarán activos durante os meses de xullo e de agosto para facilitar os desprazamentos á praia desde O Porriño, que non contaba con conexións directas
A Xunta presenta o proxecto de interese autonómico do Novo CHUAC, que garante a integración paisaxística dos accesos e inclúe para as novas vivendas dos expropiados
Vázquez Mourelle avanza que o luns se someterá a información pública o proxecto para a súa avaliación ambiental, avanzando na tramitación para á aprobación definitiva a comezos de 2023
A Xunta convoca para agosto e outubro os propietarios dos terreos necesarios para executar a mellora da estrada LU-710 en Baralla
O levantamento de actas previas está previsto os días 23, 24 e 25 de agosto na Casa do Concello e a formalización das actas de ocupación o 19 e o 20 de outubro
A partir do 1 de agosto poderán solicitarse as axudas da Xunta para adquirir bicicletas eléctricas, dotadas cun orzamento de 500.000€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria destes incentivos, enmarcada na iniciativa EBici do Goberno galego
Fernández-Tapias pon en marcha o histórico reloxo do IES Santa Irene tras a reparación da maquinaria
A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este venres ao centro educativo xunto aos mestres reloxeiros que levaron a cabo o arranxo da máquina, a substitución da esfera frontal e a iluminación interior
A Xunta licita por máis de 880.000€ as obras para o acondicionamento da antiga PO-400, no concello de Arbo
As empresas interesadas en acometer a actuación, cun prazo de execución de 6 meses, terán ata o vindeiro 10 de agosto para presentar as súas ofertas
A Xunta licita por 51.000 euros dun azud no río das Balsadas, en Ourol
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se retirará unha represa situada en Miñotos, a 320 metros augas arriba da desembocadura deste río no Landro
A Xunta adxudica por case 1 M€ a execución de gabias de seguridade en 4 estradas autonómicas da comarca de Ferrol
Intervirase na vía de alta capacidade VG-1.2 Ares-Mugardos, na autovía AG-64 Ferrol-Vilalba e nas estradas autonómicas AC-563 e AC-564, en Cabanas e A Capela
A Xunta adxudica por case 880.000€ as obras das novas sendas na Medorra e Paiseo, nos concellos do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz
Actuarase na marxe esquerda da estrada OU-101, na que se construirán sendas peonís para mellorar a seguridade viaria dos veciños destes tres municipios