Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta abrirá mañá ao tráfico o novo acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón, tras un investimento de máis de 1 M€
Trátase do ramal de conexión entre a autovía da Xunta e a vía de titularidade estatal N-525, que permitirá o movemento de incorporación en sentido Ourense
A Xunta insta aos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona a intensificar as medidas de aforro de auga ante os niveis dos encoros de Zamáns e de Bahíña, cunha ocupación inferior ao 25% con respecto ao pasado ano
Constátase a alta demanda de auga da zona en contraprestación ao baixo nivel de recarga de ambos os dous encoros, debido á seca prologada que se vén rexistrando
A Xunta adxudica por preto de 1 M€ as obras para a execución das sendas das Vendas e Santa Baia, en Esgos e no Pereiro de Aguiar
Os traballos iniciaranse ao longo de setembro e teñen un prazo de execución de 6 meses
A Xunta adxudica as obras de reparación de canalización de pluviais na estrada PO-532, no Concello de Pontevedra
Os traballos desenvolveranse na glorieta de acceso ao Hospital de Montecelo, para evitar problemas de filtracións
A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546
A intervención proxéctase nas vías citadas ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira
A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na AC-543, ao seu paso polos concellos de Lousame e de Noia
A intervención supón un investimento autonómico de máis de 48.000€ e lévase a cabo ao longo de 5 km de lonxitude, entre os puntos quilométricos 26 e 31 desta estrada
A Xunta adxudica por case 12 M€ as obras dos colectores e da nova depuradora de Foz, que triplicará a poboación servida e multiplicará por 9 a capacidade de tratamento
As intervencións contan cun prazo de execución de 33 meses: os 3 primeiros para redactar o proxecto, 18 para a execución das obras e 12 meses para a posta en marcha da nova depuradora
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Monforte de Lemos dun terreo anexo á estrada LU-664 nas proximidades do hospital
O tramo obxecto da transferencia atópase entre os puntos quilométricos 0+890 e 1+150
A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras da senda entre A Ponte e Santa Cataliña, no concello de Santa Comba, cun investimento de 177.000 €
A previsión é iniciar os traballos, que teñen un prazo de execución de 4 meses, a finais de ano ou comezos do seguinte
A Xunta remata as obras da nova senda peonil na estrada AC-413 na Tablilla, no concello de Cerceda, cun investimento de máis de 120.000 €
Executouse un itinerario de máis de 400 metros na marxe esquerda da estrada para reforzar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos a pé dos veciños