Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas AC-842, OU-300, OU-320, PO-510 e PO-400
As tarefas de limpeza beneficiarán aos concellos de Ortigueira, Allariz, San Cibrao das Viñas, Salceda de Caselas, Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra do Miño
Un total de 9 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de o acondicionamento da antiga PO-400, no concello de Arbo, cun investimento de case 1,3 M€
As obras, cun prazo de execución de 6 meses, executaranse en 2 fases, comezando polo acondicionamento do tramo antigo da vía e continuando coa mellora da intersección coa PO-400, para dispoñer unha glorieta
A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos
O día 16 haberá un servizo para facilitar o acceso á festa desde Entrexardíns ás 23:00 horas
A Xunta adxudica as obras para o acondicionamento da drenaxe transversal na estrada PO-308, no concello de Sanxenxo
As obras iniciaranse previsiblemente nas vindeiras semanas e suporán un investimento autonómico de máis de 45.000 euros
A Xunta licita por preto de 185.000 euros a redacción do proxecto construtivo de mellora da depuradora da Corredoira, no concello de Lalín
Trátase de avaliar as distintas alternativas para resolver as deficiencias de deseño e funcionamento da estación de tratamento de augas residuais municipal, tras 20 anos de funcionamento, e de acadar os obxectivos de vertido
Máis de 120.000 mozos e mozas menores de 21 anos dispoñen dos beneficios da tarxeta Xente Nova, que permite realizar viaxes por toda Galicia nos autobuses da Xunta de xeito gratuíto
Rexistráronse máis de 24.000 altas máis con respecto ao ano anterior nas mesmas datas
A Xunta descarta o uso da auga do oco mineiro de Ventoxo ao río Lérez e mantén outras alternativas complementarias para o reforzo do abastecemento
Os parámetros das análises levadas a cabo para comprobar a calidade da auga embalsada no antigo oco mineiro obrigan a descartar a súa utilización, pola presenza de metais que a fan incompatible co consumo e coa preservación da calidade da auga do río
A Lei do ciclo integral da auga entrará en vigor o 1 de setembro co obxectivo de apoiar os concellos na xestión do abastecemento e a depuración, mellorando a calidade dos servizos aos cidadadáns e o coidado das rías e dos ríos
A nova norma, á que os concellos poderán adherirse de forma voluntaria, fomenta unha xestión profesional dos servizos urbanos da auga
A Xunta ofrece servizos especiais de autobús durante o festival Rock in Cambre ata A Coruña
Habilitarase dúas liñas de madrugada os días 13 e 14 de agosto, desde Cambre Pobo ata Entrexardíns
A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada LU-133 ao seu paso polo Concello de Abadín, que suporán un investimento de máis de 2,2 M€
Os traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, céntranse na rehabilitación e acondicionamento do firme ao longo de 7,8 km, comezando á altura do enlace coa estrada LU-121 e rematando na conexión coa autovía do Cantábrico