Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ultima os traballos para evitar os arrastres das cinzas nas áreas límites do rego de Castelo e nas do Rego das Lobeiras, en Ribeira, afectadas polo lume no Barbanza
Actúase ao longo de 2.600 metros, nas áreas límites de ambos os dous regos
A Xunta executa obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-231, no treito coincidente co Camiño do Norte, no concello de Sobrado dos Monxes
A actuación céntrase na execución dunha senda de dous metros de ancho entre os puntos quilométricos 14+065 e 15+615
A Xunta inicia as obras da senda que unirá A Casilla, O Araño e Burés, no concello de Rianxo, cun investimento de máis de 500.000 €
A actuación ten un prazo de execución de 6 meses e preténdese que estea rematada na primavera do vindeiro ano
A Xunta recibe 4 ofertas de empresas para a remodelación integral do parque de San Martiño de Carballo, dentro do Plan de xestión do risco de inundacións no río Anllóns
Trátase dunha das actuacións que levará a cabo a Xunta para reducir o risco de asolagamento neste río ao seu paso polo municipio coruñés
A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas AC-413, AC-430, OU-300, PO-510 e PO-400
As tarefas de limpeza beneficiarán aos concellos de Ordes, Cabana, Allariz, A Merca, A Bola, Salceda de Caselas, Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra do Miño
O Hospital Público Gran Montecelo disporá de 265 baños modulares, o que permite aforros de tempo dun 20% na súa execución
A dotación destes equipamentos nas habitacións evita interferencias coa construción da estrutura do edificio, polo que a súa instalación será simultánea ao avance en altura da torre de hospitalización
A Xunta recibe 10 ofertas para a execución das obras da nova senda entre Oleiros e Leirado, en Salvaterra de Miño, que suporá un investimento da Xunta de 1,5 M€
Construirase un itinerario de uso fundamentalmente peonil, que dará continuidade aos treitos de senda xa executados en distintas actuacións nos últimos anos
A Xunta amplía a “prealerta por escaseza” de auga á bacía do río Tambre e do río Grande
A “prealerta por escaseza” activada hoxe inclúe os sistemas da bacía do Tambre e dos ríos que desembocan na ría de Muros-Noia, así como a conca do río Grande e dos ríos que acadan a ría de Camariñas e a costa de Cabana, Laxe e Muxía
As obras de ampliación da avenida da Deputación no polígono de Sabón, en Arteixo, farán necesarios cortes nocturnos no tráfico a partir deste domingo
Os cortes débense aos traballos de finalización do estendido da última capa de firme no tronco e nas glorietas da actuación
A Xunta amplía en preto de 300.000 € o crédito das axudas aos concellos para erradicar as fugas de auga nas redes de abastecemento, mobilizando en total un investimento de 600.000 €
Trátase das primeiras axudas deste tipo convocadas pola Xunta e dirixidas aos concellos responsables dos sistemas de abastecemento, cunha poboación igual ou inferior a 50.000 habitantes