Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia as obras de mellora do firme en 6 estradas autonómicas da provincia da Coruña, que supoñen un investimento autonómico de máis de 2,4 M€
Acondicionarase o firme en treitos de varias estradas ao paso polos municipios de Oleiros, Cambre, Aranga, Curtis, Cerceda, Frades e Mesía, coa realización de fresados, a reposición con mestura bituminosa en quente e a renovación da sinalización horizontal
A Xunta convoca para outubro e decembro os propietarios dos terreos necesarios para a mellora na estrada PO-315 en Cangas, que suporá un investimento de máis de 265.000 €
O levantamento de actas previas á ocupación terá lugar o 5 de outubro das 10:00 ás 12 horas no salón de plenos do Concello, e a súa formalización, o 14 de decembro, no mesmo horario e lugar
A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas AC-130 e AC-133 ao seu paso polo concello de Ares
Seguirán as actuacións iniciadas nas últimas semanas, tamén na provincia da Coruña, nas estradas AC-413, en Ordes, e na AC-862, en Ortigueira
A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas AC-130 e AC-133 ao seu paso polo concello de Ares
Seguirán as actuacións iniciadas nas últimas semanas, tamén na provincia da Coruña, nas estradas AC-413, en Ordes, e na AC-862, en Ortigueira
A Xunta avanza as obras de mellora da seguridade na estada AC-231, no treito coincidente co Camiño do norte, no Concello de Sobrado
A actuación, cun investimento de máis de 215.000 €, permitirá habilitar unha senda ao longo de algo máis de 1,5 quilómetros
A Xunta avanza nas obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-231, no treito coincidente co Camiño do Norte, no concello de Sobrado
A actuación, cun investimento de máis de 215.000 €, permitirá habilitar unha senda ao longo de algo máis de 1,5 quilómetros
A Xunta axuda a máis de 80 concellos a eliminar as fugas nas súas redes de abastecemento incrementando a súa blindaxe fronte á seca
Vázquez Mourelle explica que Xunta vén de ampliar ata os 600.000 € as axudas autonómicas para que as 83 entidades locais que así o solicitaron poidan beneficiarse delas e elaborar plans de actuación para atallar as perdas de auga nas súas redes de abastecemento
Fernández-Tapias responsabiliza ao alcalde de Vigo de privar aos vigueses dun aforro de ata 464 euros anuais nos seus desprazamentos en autobús urbano
A delegada territorial da Xunta lamenta que Caballero non aproveitase onte para anunciar a incorporación de Vigo ao plan de transporte metropolitano, que na actualidade está a beneficiar a máis de 100.000 usuarios da área viguesa
A Xunta inicia as obras da senda na estrada PO-551 entre a Moureira e Palmás, no concello de Moaña, que supoñen un investimento autonómico de máis de 1,6 M€
Os traballos iniciáronse agora para evitar os meses de maior intensidade de tráfico do verán e teñen un prazo de execución de 12 meses
Rueda anuncia que a Xunta autoriza a contratación das obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago cun investimento de 72,82 M€
O presidente enmarca esta reforma nas actuacións que a Xunta está a levar a cabo nas infraestruturas sanitarias para adaptalas á “medicina do mañá”