Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

27/01/20 | 16:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pide a convocatoria urxente da comisión de seguimento da estación intermodal de Ourense para que o Ministerio aclare os seus plans de actuación na cidade

Vázquez Mourelle salienta que as únicas obras en marcha son as da terminal de autobuses, financiada ao 100% pola Xunta, e do aparcamento subterráneo, cofinanciadas pola Administración autonómica

27/01/20 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina este ano un investimento de 400.000 euros á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada

O Goberno galego, con estes incentivos, xa posibilitou en 2019 a realización de 158 cursos, no que participaron un total de 2.435 persoas

26/01/20 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez contrasta o compromiso da Xunta coa mellora da mobilidade e as infraestruturas co desprezo e incumprimento do Goberno de España ante as necesidades dos galegos

Vázquez Mourelle lamenta o regueiro de incumprimentos que deixou o ministro Ábalos na visita a Galicia, ao non concretar cando estará o AVE ao servizo dos galegos ou cando abordará coa Xunta as medidas para mitigar as peaxes na AP-9

25/01/20 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta contratará en febreiro a demolición da estación de autobuses de Ourense para facilitar a construción dunha residencia da terceira idade

As obras, que comezarán en verán e disporán dun prazo duns catro meses, contarán cun investimento de case 650.000 euros

25/01/20 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana a execución da senda na estrada AC-116, entre Riobó e Lago, en Valdoviño

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade supón un investimento autonómico que ronda os 640.000 euros

24/01/20 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta a licitación hoxe de 29 contratos de autobús interurbano, que inclúen 1.300 liñas que percorrerán 36 millóns de quilómetros ao ano, máis do dobre que en 2015

Vázquez Mourelle indica que estes lotes se corresponden coas provincias da Coruña e Pontevedra e suporán un gasto en 10 anos de máis de 241 M€, que sumado aos que xa están en marcha, ascenderán a 740 M€ achegados pola Xunta

23/01/20 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta licita os 29 contratos que culminan a modernización do transporte público que funcionará en Galicia na próxima década

Feijóo destaca o obxectivo de que o 97% da poboación teña unha parada de autobús a menos dun quilómetro

22/01/20 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Infraestruturas licita as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 ao seu paso por Marín e Bueu

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou a zona onde se van a executar as obras, recordando que se executarán dúas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu e tamén se mellorará unha intersección no Concello de Marín

22/01/20 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A estrada LU-530, ao seu paso por Castroverde, rexistrará mañá un corte de tráfico por mor da retirada de árbores nas marxes da vía

O corte efectuarase no treito da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 9+800 e 13+450, dende as 9 ata as 18 horas

22/01/20 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará en febreiro as obras de saneamento de Santa María de Melide, tras adaptalas ás exixencias do Ministerio de Fomento

O Goberno galego investirá máis de 116.000 euros para dotar á parroquia dun novo sistema de saneamento que recolla as augas residuais urbanas naquelas vivendas carentes deste servizo e a súa conexión coa rede xeral