Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/01/20 | 20:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez insta ao Ministerio de Transportes a dar a cara ante Ourense e concretar os seus plans para as obras de reforma ferroviaria e integración urbana comprometidas na intermodal

Vázquez Mourelle lembra que a Xunta urxiu a convocatoria da Comisión de Seguimento da estación intermodal para que o Goberno de España informe das súas previsións tendo en conta as incertezas co deseño e falta de concreción

29/01/20 | 19:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o modelo pioneiro da renovación integral do transporte público en Galicia, grazas ao autobús compartido e baixo demanda que valoran positivamente 3 de 4 cidadáns

Vázquez Mourelle destaca que na provincia de Ourense, onde case todas as liñas son compartidas, se prestaron na primeira semana máis de 2.500 destes servizos nun balance xeral de normalidade

29/01/20 | 18:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza que seguirá reclamando solucións definitivas para garantir a venda presencial de billetes e garantías para uns servizos ferroviarios de calidade

Ethel Vázquez defende como “prestación esencial” o servizo de venda de billetes presencial nas estacións de tren de Galicia

29/01/20 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento nos concellos de Ribadeo e Trabada

O Goberno galego cumpre así o compromiso adquirido recentemente con estes dous municipios da comarca da Mariña

29/01/20 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana a limpeza de seis quilómetros de ríos en nove parroquias do municipio de Viveiro

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que Augas de Galicia actuará no Landro, Trasposta, Loureiro, As Nogueiras e Loiba, coa previsión de que os traballos estean rematados a finais de febreiro

28/01/20 | 16:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará a seguridade viaria da PO-308 en Chancelas, no concello de Poio, coa instalación dun paso de peóns con semáforo

Trátase dunha actuación complementaria ás proxectadas para a mellora da seguridade viaria entre Combarro, Chancelas e Samieira cuxo proxecto foi sometido a información pública

28/01/20 | 16:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta demanda que o Ministerio de Transportes informe sobre as súas previsións para a chegada do AVE a Ourense e para as obras comprometidas na estación intermodal

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aposta por facilitar os investimentos do Estado en Ourense en lugar de promover o abandono dos proxectos comprometidos para o progreso da cidade

28/01/20 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a “revolución da mobilidade” de Bergantiños impulsada polo Plan de transporte público, que levará a tarxeta ‘Xente Nova’ a toda a Costa da Morte

Destaca a boa acollida dos novos servizos nestas primeiras semanas, nas que se abriu ao uso de todos por parte de todos veciños as prazas baleiras de 26 rutas de bus escolar

28/01/20 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto básico e de execución da nova estación de autobuses intermodal de Lugo

Este contrato ten un orzamento de 195.000 euros e establece uns 11 meses para a súa elaboración

28/01/20 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 17 empresas presentan as súas ofertas para redactar o proxecto de mellora da estrada OU-540, desde Celanova ata a Baixa Limia e a fronteira portuguesa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a este contrato un orzamento autonómico de 200.000 euros, que prevé asinarse antes do verán, para someter a información pública o proxecto e iniciar a tramitación ambiental neste mesmo ano