Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia as obras de conservación da Ponte Ceilán, nos concellos de Noia e de Outes, que suporán un investimento de máis de 500.000 €
Durante a xornada de hoxe e mañá disporase a sinalización horizontal desta obra na estrada AC-550, o que fai necesario o corte dun dos carrís de circulación, habilitándose o paso alternativo ao tráfico polo carril libre
A Xunta e o Concello de Cortegada asinan o convenio de colaboración para dotar de sistema de saneamento a zona suroeste do núcleo de Seixomil
Augas de Galicia achegará 40.000 € para financiar integramente as obras e o Concello asumirá a súa contratación e execución, ademais da titularidade das nova Infraestruturas
A Xunta comeza as obras de acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo, que supoñen un investimento autonómico de preto de 223.000 €
O obxectivo é mellorar a accesibilidade peonil e a seguridade viaria na estrada PO-504 entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450
A Xunta reforza desde este xoves os servizos de autobús entre Silleda e Lalín cunha nova expedición á primeira hora da mañá
Créase unha nova ruta entre a parroquia de Lamela e Lalín que prestará servizo ás 07,30 horas de luns a venres durante todo o ano
As obras de mellora do firme na estrada PO-531 en Curro, no concello de Barro, farán necesario o desvío do tráfico a partir do luns
O desvío realizarase do luns 19 ao xoves 22, entre as 08.30 e as 19.30 horas, derivándose o tráfico polo tramo antigo da PO-531 en Curro
A Xunta investirá neste ano preto de 21 M€ no reforzo do firme das estradas autonómicas e xa traballa na programación e actuacións que executará no 2023
Francisco Menéndez concreta que están xa en execución obras por importe de 16 M€, e nos vindeiros días comezarán os traballos para materializar os 5 M€ restantes e completar todas as actuacións neste ano
A Xunta avanza no estudo para a mellora da estrada OU-533 en Valdeorras, que financiará con fondos propios ante o rexeitamento do goberno de investir na mobilidade do rural
Francisco Menéndez lamenta a falta de resposta do Goberno ante as solicitudes da Xunta para financiar con Fondos Next Generation o acondicionamento desta vía que conecta a comarca de Valdeorras coa estación ferroviaria da Gudiña
A Xunta colabora co concello da Gudiña na mellora do sistema de depuración do núcleo de Carracedo da Serra, que supón un investimento de 52.000 euros
A Xunta, a través de Augas de Galicia, achega apoio técnico para o desenvolvemento das obras e financia integramente os traballos, asumindo a entidade local a execución do novo sistema de depuración
A Xunta aproba o proxecto de construción dunha senda peonil nun treito da estrada LU-530 coincidente co Camiño de Santiago Primitivo no concello de Lugo
Actuarase na marxe esquerda desta estrada autonómica, no treito comprendido entre os puntos 6+800 e 8+100, para acadar a separación física do tráfico de vehículos do tráfico peonil
Ethel Vázquez avanza que a Xunta traballa xa na redacción do proxecto para a reconstrución da presa de Ponte Maceira
Augas de Galicia está a elaborar o documento técnico que determinará as intervencións necesarias para mellorar a infraestrutura