Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

12/02/20 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o anteproxecto de instalación dunha área de servizo na autovía AG-53, no tramo entre o Alto de Santo Domingo e a Autovía das Rías Baixas

Esta área situarase na marxe esquerda da autovía Dozón-Ourense, entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750, con acceso dende ambas as dúas marxes da vía

11/02/20 | 15:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/02/20 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a renovación de luminarías da autovía AG-53 para mellorar ata nun 60% a súa eficiencia enerxética, cun investimento de máis de 120.000 euros

As empresas interesadas nesta actuación, que dispón dun prazo de execución de 2 meses, poderán presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do vindeiro día 24

11/02/20 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de nove empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria no contorno do parque empresarial da Pasaxe, en Gondomar, cun investimento de 435.000 euros

A intervención na vía que une O Porriño e Gondomar eliminará un treito de concentración de accidentes e supón un investimento autonómico de 435.000 euros

10/02/20 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado dun novo treito de 8 quilómetros da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, entre Sobrada e Estás, no concello de Tomiño

A Administración autonómica abre un prazo desde mañá ata o 25 de marzo para que os interesados presenten as súas achegas, que serán analizadas co obxectivo de aprobar o trazado definitivo e o impacto ambiental a comezos de 2021

10/02/20 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras do novo aparcadoiro de Conxo, que se acompasarán cos traballos de integración paisaxística do Camiño Portugués que se están a executar neste barrio compostelán

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará o vindeiro mes de marzo, e supón un investimento de preto de 335.000 euros

10/02/20 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil na estrada LU-115, no polígono industrial de Outeiro de Rei, cun investimento de máis de 285.000 euros

Esta intervención impulsada pola Consellería de Infraestruturas comezará o vindeiro mes de marzo e disporá dun prazo de execución de oito meses

10/02/20 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/02/20 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lamenta que o Goberno lles negue aos galegos información oficial sobre o AVE e pregunta que ten que ocultar

A conselleira de Infraestruturas sinala que se pediu a comisión ao estar Galicia ante un retraso do prazo comprometido de rematar as obras a finais de 2019

08/02/20 | 10:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Bouzós ao seu paso polo Concello de Cangas

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido polo lugar de Xistro, e dan continuidade ás tarefas realizadas na mesma parroquia de Coiro (San Salvador), no lugar de Piñeiro