Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

21/09/22 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora da glorieta de enlace da autovía do Salnés coa estrada PO-504 en Sanxenxo

As actuacións, cun investimento de preto de 48.000 euros, teñen un prazo de execución dun mes e medio

21/09/22 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará a seguridade viaria e mellorará a accesibilidade na estrada OU-536 ao seu paso por Esgos

As obras, que suporán un investimento autonómico de preto de 50.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas

21/09/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a reparación de canalización de pluviais na estrada PO-532 no concello de Pontevedra

Os traballos, cun investimento de case 40.400 euros, desenvólvense na glorieta de acceso ao Hospital público de Montecelo co fin de evitar problemas de filtracións

21/09/22 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que as obras de mellora da seguridade viaria da estrada Valdoviño-Cedeira permitiron acurtar nun 30% o tempo de percorrido grazas a un investimento da Xunta de 4,7 M€

Vázquez Mourelle subliña que a actuación, demandada polos veciños e visitantes ao ser esta unha estrada pola que circulan de media 5.000 vehículos ao día, supón unha mellora “moi significativa” para as comunicacións do norte da comarca de Ferrolterra

21/09/22 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme da autoestrada A Coruña-Carballo farán necesario habilitar mañá un desvío de tráfico no enlace de Arteixo

O corte de tráfico realizarase de forma alternativa entre as 10 e as 20 horas do xoves e entre as 10 e as 13 horas do venres no ramal de saída da autoestrada (A Coruña-Arteixo) e no ramal de entrada (Arteixo-Carballo)

21/09/22 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reorganiza desde o vindeiro luns as rutas do autobús integrado do CPI de San Vicente da Baña para mellorar o servizo ao alumnado

As paradas redistribúense a través de 6 novas liñas para adecuar os itinerarios ás necesidades neste curso escolar, garantindo a coordinación das chegadas e saídas ao centro

20/09/22 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata un incremento do 40% no uso do autobús autonómico impulsado polos descontos do 50% que aplica desde o pasado 1 de setembro

Ethel Vázquez detalla que nesta 1ª quincena houbo un incremento do 25% do uso do autobús no corredor Oleiros-Sada-Culleredo-A Coruña, con respecto ao mesmo período do ano anterior

20/09/22 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na redacción do proxecto construtivo dos colectores e da nova depuradora municipal de Foz, que suporán un investimento autonómico de case 12 M€

Técnicos de Augas de Galicia e da empresa adxudicataria mantiveron hoxe unha reunión co Concello para abordar o proxecto construtivo desta obra, que triplicará a poboación servida e multiplicará por 9 a capacidade actual de tratamento das augas residuais do municipio
 

20/09/22 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de execución dunha glorieta na AC-116 e a conexión co polígono empresarial Río do Pozo, no Concello de Narón

As obras, cun orzamento autonómico de 930.000 €, mellorarán a seguridade viaria na contorna, coa execución desta glorieta na intersección da vía autonómica coa estrada provincial DP-5408 e co viario local de acceso á zona de costa

20/09/22 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas