Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

15/04/20 | 16:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reinicia as obras de ampliación e mellora de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea coa previsión de que estean rematadas en maio

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, confía en que o período de suspensión da actividade e as necesarias medidas de seguridade teñan escasa incidencia no cumprimento dos prazos previstos

15/04/20 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma as obras de reforma e modernización da estación de autobuses de Sarria

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se reanuda a actividade unha vez levantadas as restricións que afectaban ao sector da construción

15/04/20 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata que as obras da conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52 avanzan coas medidas de protección axeitadas e ao ritmo necesario para o seu remate no verán

Os operarios dispoñen de material de protección, manteñen a distancia de seguridade esixida e extreman as medidas de hixiene

14/04/20 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao sector da enxeñería apoio e colaboración no seguimento conxunto de medidas de prevención para garantir a seguridade nas obras

A Xunta, a través do Igape, activou unha canle para que os sectores empresariais poidan adquirir mascarillas e guantes e dispoñer deste material de protección

13/04/20 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas reactiva traballos e trámites en obra pública que supoñen un investimento de 160 millóns de euros e garanten 1.400 postos de traballo en 2020

Ethel Vázquez subliña que o reinicio das actuacións en marcha, en condicións de seguridade, minimiza o impacto económico da crise sanitaria e blinda o emprego

12/04/20 | 17:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o reparto de 1.738 mascarillas destinadas aos traballadores do transporte público

Entre hoxe e mañá distribuirase entre o persoal do transporte urbano, das navieiras e das estacións de autobuses o material de protección remitido polo Ministerio de Transportes

08/04/20 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Goberno central garantías de subministro de equipos de protección para os profesionais responsables dos servizos esenciais da auga

O Goberno galego demanda medidas administrativas e normativas para evitar que a crise sanitaria polo COVID-19 supoña un paso atrás na mellora da calidade das augas

07/04/20 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e as federacións de transporte de mercadorías constatan a necesidade de estender a distribución de mascarillas aos profesionais de reparto de proximidade

O Goberno galego aposta por que se atendan as necesidades deste colectivo que quedou fóra da entrega de material do Ministerio, aproveitando as 10.000 mascarillas adicionais entregadas pola Xunta aos transportistas

06/04/20 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Fegamp acordan avanzar nos trámites administrativos relacionados coa construción para facilitar a reactivación do sector

A Fegamp acepta a petición da Xunta de elaborar unhas recomendacións para os concellos que permita avanzar na tramitación dos procedementos municipais relacionados coas obras, como as licenzas ou autorizacións

06/04/20 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta distribúe 10.000 mascarillas entre as federacións de transporte de mercadorías

Este material complementa o solicitado pola Administración autonómica ao Ministerio de Transportes e que comeza a entregarse xa a través das oficinas de Correos