Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de mellora da rúa Marcelo Macías, en Ourense, cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros
Reactívase o procedemento de licitación do contrato suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma, co obxectivo de iniciar as obras a finais de verán
A Xunta traballa para dotar Vigo de máis infraestruturas sanitarias de calidade co novo centro de saúde de Bouzas no que inviste 1,4 millóns e que estará rematado a comezos de 2021
Estas actuacións, reiniciadas a mediados de abril, estanse a realizar procurando a máxima integración na contorna e minimizando as molestias aos veciños
A Xunta licita por case 115 millóns de euros as obras da primeira fase do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra
As empresas interesadas nesta actuación poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xuño
A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de construción de mellora da capacidade e seguridade da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira
Trátase da primeira fase de acondicionamento do treito comprendido entre a AG-64 e Ponte Mera, ao seu paso polos concellos de San Sadurniño, Moeche e Cerdido, e suporá un investimento autonómico de 7,1 millóns de euros
A Xunta e Adega renovan a súa colaboración para fomentar entre a mocidade o coñecemento e o coidado dos recursos fluviais de Galicia a través do ’Proxecto Ríos’
O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia con 50.000 euros este programa de voluntariado e educación ambiental, no que o Instituto de Estudos do Territorio achega o soporte para a xeorreferenciación
A Xunta inicia este luns a obra de paso sobre o río Vao, en Coristanco, para facilitar o acceso ás fincas nun camiño de servizo da autovía da Costa da Morte
Esta intervención supón un investimento autonómico de 35.000 euros e os traballos teñen un prazo estimado de execución de 1 mes
A Xunta iniciará mañá a construción dunha senda peonil en Santa Comba de Gargantós, en San Cibrao das Viñas, como obra complementaria á nova conexión do polígono coa A-52
Estas actuacións, cun orzamento de máis de 36.000 euros, terán un prazo de execución duns dous meses
A Xunta remata as obras de mellora do sistema de saneamento da parroquia de Trasariz, no concello de Cenlle
A intervención centrouse na execución dun novo colector de augas residuais para acadar o correcto funcionamento das instalacións e contou cun investimento autonómico duns 33.000 euros
A Xunta conclúe as obras de mellora nas depuradoras de Laxe e Camariñas, cun investimento autonómico de preto de 90.000 euros
Ambas as instalacións son explotadas a través de Augas de Galicia, que apoia aos concellos nas súas competencias municipais no tratamento das augas residuais
A mellora integral da PO-308 que a Xunta está a acometer no Concello de Poio permitiu habilitar un novo acceso a Raxó para vehículos e reservar a vía antiga para os peóns
Continúa pendente aínda a execución por parte do Concello de Poio da nova vía desde Raxó, para a que a Xunta xa realizou as expropiacións