Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello de Arbo de diversos treitos da estrada provincial que comunica esta vila coa Cañiza
Trátase de cinco treitos da estrada EP-5003 na Lomba
A Xunta informa ao sector do transporte público da solicitude ao Goberno de España dunha compensación de 8 millóns de euros polas consecuencias das restricións da mobilidade
Ethel Vázquez explica que esta compensación é necesaria para frear o impacto negativo derivado do estado de alarma e da caída de usuarios nun 97% no transporte público interurbano
A Xunta e o Concello acadan un principio de acordo sobre o convenio de colaboración para o impulso do novo hospital público da Coruña
O Goberno galego remitiralle de forma inmediata á Administración local unha nova proposta de convenio que reflicta os aspectos acordados hoxe, co obxectivo de que poida ser asinado o antes posible
A Xunta executa as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-552 ao seu paso polo concello de Nigrán, cun investimento autonómico de 320.000 euros
Os traballos céntranse na supresión dun treito de concentración de accidentes, en 3,2 quilómetros dende o punto 10+600 ao 13+800, e o obxectivo é telos rematos este mesmo ano
A Xunta licita as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense por máis de 523.000 euros e avanza na nova estación intermodal que estará rematada a finais deste verán
As empresas poden presentar ata o 2 de xuño as súas ofertas para realizar os traballos de demolición da estación, que terán un prazo de execución de 4 meses
A Xunta demanda ao Goberno un protocolo único de medidas de hixiene no transporte público e un fondo de compensación estatal que asegure a súa sostibilidade
O Goberno galego incide na necesidade de contar con medidas claras que permitan garantir os imprescindibles servizos públicos de transporte con seguridade para a saúde dos traballadores e dos usuarios
A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas das obras de reforzo do firme de tres estradas autonómicas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos
Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, de máis de 1,25 millóns de euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma
A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución da mellora do firme na autovía Ferrol-Vilalba, no tramo que vai do enlace de Cabreiros ao enlace coa A-8, en Lugo
Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento duns 1,3 millóns de euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma
A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución dos itinerarios peonís e ciclistas en Fontán e entre Mandín e As Torres, nos concellos de Sada e Oleiros
Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento duns 470.000 euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma
A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para executar as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos
Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma