Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Oficina Técnica da Seca eleva á situación de alerta por escaseza os sistemas de Zamáns e Baíña que abastecen aos concellos de Nigrán, Baiona e unha parte de Vigo
Tamén se amplía a prealerta por escaseza de auga ao sistema do río Verdugo, ría de Vigo e de Baiona, e ao sistema da costa de Pontevedra
O avance nas obras de mellora do firme da autoestrada AG-55 fai necesario habilitar este luns un desvío de tráfico no enlace de Carballo norte
? O corte de tráfico na autoestrada realizarase de forma alternativa entre as 9 e as 20 horas, primeiro no ramal de entrada, sentido A Coruña- Carballo; e a continuación no ramal de saída, sentido Carballo-A Coruña
A Xunta amplía ata un total de 1 M€ as axudas á compra de bicicletas eléctricas ante a boa acollida da iniciativa
O Goberno galego recibiu na convocatoria aberta en agosto, dotada de 500.000 €, un total de 1.096 solicitudes, das que 1.003 contan con reserva de fondos
A Xunta avanza nos traballos previos da mellora do sistema de saneamento dos concellos de Cee e de Corcubión, que suporá un investimento de máis de 8 M€
Técnicos de Augas de Galicia e da empresa adxudicataria mantiveron hoxe unha reunión co Concello de Cee para abordar a organización das obras, que comezarán nas primeiras semanas do outono
A Xunta adapta desde o luns os horarios dos autobuses que empregan os estudantes dos institutos de Mugardos e de Betanzos e implanta novas melloras nos servizos entre A Coruña e Ferrol
O adianto dos servizos entre 10 e 15 minutos garantirá a chegada aos centros educativos cunha marxe de tempo adecuada antes do inicio das xornadas lectivas
Medio centenar de expositores de Conxemar xa montan os seus stands no novo pavillón do Ifevi no que a Xunta investiu 8,3 M€
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este xoves o recinto feiral, onde 300 persoas traballan ante a inminente celebración do evento os vindeiros 4 e 5 de outubro
A Xunta daralle continuidade á senda de Albarellos, no concello de Monterrei
Ethel Vázquez avanza que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a redacción do proxecto da prolongación do itinerario peonil
A Xunta construirá unha senda na contorna do centro de control da AG-55 en Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños
Executarase un itinerario peonil de preto de 300 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho na marxe esquerda da estrada AC-552, que dará servizo aos traballadores do centro de control da autovía e aos veciños dos núcleos de Cazón, Camafreita e Denellón
A Xunta executará obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-543 ao seu paso polo concello de Brión
A actuación suporá un investimento autonómico de preto de 50.000 euros e comezará nas vindeiras semanas