Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta triplicará a rede de control do caudal dos ríos con especial risco de inundación con 50 novas estacións de seguimento en tempo real
Augas de Galicia dispón actualmente dunha rede de 43 estacións de aforo na demarcación Galicia-Costa que actualizan información cada dez minutos
A Xunta realiza obras de mellora da mobilidade e a estética da ponte de Portomarín, cun investimento de 135.000 euros
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explica que se completarán neste mes os traballos de repintado de varandas e farolas, substitución de barreiras de contención de vehículos e control de elementos de seguridade, entre outros
A Xunta abrirá esta tarde o paseo da Malata, que quedará aberto durante as fins de semana para a circulación peonil
Esta zona de Ferrol, afectada polas obras de saneamento, quedará aberto para os desprazamentos a pé a última hora da tarde
A Xunta adxudica a redacción do proxecto para construír unha depuradora na parroquia de Serantes, no concello de Laxe
Este contrato, cun investimento de máis de 16.000 euros, ten por obxectivo definir as actuacións para acometer esta nova infraestrutura hidráulica
A Xunta reactiva a contratación das obras de mellora dos accesos aos hospitais da Coruña, Santiago, Ferrol, Cee e o Barbanza
Un total de 10 empresas presentaron as súas ofertas para optar á execución das obras
A Xunta reactiva o proceso de contratación das obras de mellora dos accesos aos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña, en Vigo, cun investimento de 700.000 euros
En total 13 empresas presentaron as súas ofertas para a execución destes traballos
A Xunta habilitará desde este venres a circulación peonil durante as fins de semana no paseo marítimo da Malata, afectado polas obras de saneamento
O paseo ferrolán quedará aberto para os desprazamentos a pé, garantindo un ancho mínimo de 2 metros nas catro zonas puntuais onde se executan os cruces de pluviais
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade urxe a Adif a desbloquear o inicio das obras dos accesos á estación intermodal de Vigo
Os accesos, que o Concello de Vigo prevía iniciar en marzo, non poden empezar a executarse porque o Goberno de España non aprobou aínda o acordo para o seu cofinanciamento
A Xunta constata que o actual ritmo nas obras de mellora do saneamento de Pontedeume, cun investimento de 4,2 millóns de euros, permitirá rematalas nos primeiros meses do ano 2021
Os traballos, cun grado de execución que rolda o 20%, estanse a centrar no novo colector interceptor, duns 1.000 metros de lonxitude, estando xa colocado o 40%
A Xunta inicia hoxe as obras de instalación de iluminación na estrada PO-331 ao seu paso pola parroquia de Zamáns, no concello de Vigo
Estas actuacións contan cun investimento autonómico de preto de 27.000 euros