Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta instala 2.400 sinais en estacións de autobuses e marquesiñas para lembrar a necesidade de manter a distancia social recomendada
As pegadas adhesivas advirten aos usuarios do transporte público que cómpre respectar unha distancia mínima de 2 metros cos demais viaxeiros
A Xunta adxudica as obras de estabilización dun noiro na estrada autonómica PO-244, ao seu paso pola parroquia de San Salvador, no concello de Soutomaior
A intervención, adxudicada por preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 1 mes
Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, licitada por 4,8 millóns de euros
As obras, cun prazo de execución de seis meses, consistirán na reparación de danos superficiais e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais
A Xunta inicia o luns os traballos de reforzo do firme da estrada LU-221 en Palas de Rei, cun investimento de 102.500 euros
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinala que na travesía da localidade executarase un novo paso de peóns sobreelevado para mellorar a seguridade
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Barcala e do rego de Doumes, no concello de Negreira
As tarefas están a desenvolverse en distintos tramos destes ríos ao longo duns 3 quilómetros ao seu paso polas parroquias de Covas e Negreira
Ethel Vázquez aborda co Grupo Alsa a situación do transporte público por estrada e as medidas de protección da saúde adoptadas cando se rexistra xa un incremento de usuarios
Desde o pasado 11 de maio tense multiplicado case por tres o número de expedicións e máis que duplicado a demanda nos servizos de transporte que prestan as empresas do Grupo Alsa
Un total de dezaoito empresas presentan as súas ofertas para a sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas nas estradas de titularidade da Xunta
A intervención busca incrementar a seguridade nos traxectos habituais dos ciclistas deportivos e está previsto que os traballos se inicien este mesmo verán
Un total de once empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de conservación e humanización da contorna da Ponte Vella de Ourense, licitadas por 1 M€
A nova actuación correspóndese coa 2ª fase de posta en valor desta zona da cidade, e abarca a conservación da ponte e a mellora da contorna da Capela dos Remedios
A Xunta executa traballos de limpeza e roza nas marxes da estrada PO-510, que comunica O Porriño e Salvaterra de Miño
Actualmente estase a traballar en Atios, no concello de Salvaterra de Miño
A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil que facilitará o acceso á nova estación do AVE na Gudiña
Estas actuacións comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de tres meses