Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por preto de 935.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-551, ao seu paso polos concellos de Bueu e de Marín
Xa están convocados os propietarios para os actos expropiatorios nos meses de xullo e agosto, co obxectivo de iniciar os traballos a finais de agosto
O CCVV inicia a licitación para as obras de rehabilitación de Berbés 29 e San Francisco 15 por 1,5 millóns de euros
A presidenta do Consorcio Casco Vello e delegada territorial da Xunta, Corina Porro, sinala que se intervirá sobre unha superficie útil superior aos 1.000 metros cadrados
A Xunta e Stop Accidentes chaman a extremar as precaucións na estrada unha vez iniciada a reactivación da mobilidade
Lembran a importancia de respectar as normas de circulación para evitar que o incremento de desprazamentos incida de xeito drástico nas cifras de sinistralidade
A Xunta licita as obras da Fase 0 do Plan director do novo CHUAC por 13 millóns de euros co obxectivo de iniciar os traballos en decembro
As empresas interesadas teñen de prazo ata o 7 de xullo para presentar as súas ofertas a este contrato, que ten un prazo de execución de 18 meses.
A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-302, ao seu paso polo concello de Vilanova de Arousa
Esta intervención, cun investimento de case 47.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes e comezará nas vindeiras semanas
Un total de dezasete empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense
A actuación, licitada por máis de 523.000, ten un prazo de execución de 4 meses
A Xunta adxudica por preto de 240.000 euros a construción da senda peonil e ciclista na estrada LU-633 en Portomarín
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos teñen un prazo de execución de seis meses
A Xunta reabre de forma permanente ao tránsito peonil o paseo marítimo da Malata de Ferrol
O carril bici continuará pechado á circulación ata que se remate a execución do colector xeral das obras de saneamento
A Xunta inicia os traballos de renovación da tubaxe de drenaxe na vía de titularidade autonómica PO-551 ao seu paso por Bueu
Estes traballos, adxudicados por importe duns 30.000 euros, contan cun prazo de execución de 1 mes
A Xunta reactiva os actos expropiatorios e convoca aos propietarios dos terreos da estrada Valdoviño-Cedeira activando un estrito protocolo de seguridade
O DOG publica hoxe as datas para o levantamento das actas previas á ocupación e para a formalización da ocupación das 136 fincas necesarias para a mellora dun treito de case 4 km, desde a saída do núcleo urbano de Valdoviño ata A Ramalleira