Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta recibe 68 ofertas aos 29 contratos de transporte público interurbano que inclúen 1.300 liñas de autobús
Presentáronse un total de 116 empresas, xa que moitas delas concorreron en UTE e todos os contratos recibiron ofertas
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano dos ríos Gundar, San Amedio, Soesto, Traba e Vao, no concello de Laxe
As tarefas desenvólvense en distintos tramos destes ríos ao longo de máis de 18 quilómetros, nas parroquias de Sarces, Nande, Soesto, Traba e Serantes
A Xunta adxudica por máis de 10,1 millóns de euros a elaboración do proxecto e a execución do novo emisario submarino da depuradora dos Praceres, na ría de Pontevedra
Este contrato ten un prazo de execución de 18 meses, 3 para a redacción do proxecto e 15 para a súa execución
A Xunta formaliza o contrato para a redacción do proxecto de acondicionamento da estrada Viveiro-Cabreiros, adxudicada por máis de 185.000 euros
Este contrato conta con 12 meses de prazo para deseñar as obras, cuxo orzamento estimado sitúase nos 2,6 millóns de euros
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de execución de dúas sendas no entorno dos núcleos de Soesto e Serantes, no concello de Laxe
O contrato, adxudicado por un importe duns 16.000 euros, establece un prazo de execución de 6 meses
A Xunta licita por máis de 6,47 millóns de euros as obras de mellora da capacidade e da seguridade da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira
Trátase da primeira fase de acondicionamento do treito comprendido entre a AG-64 e Ponte Mera, ao seu paso polos concellos de San Sadurniño, Moeche e Cerdido
A Xunta formaliza o contrato para executar as obras de ampliación e mellora da depuradora de Viveiro, adxudicadas por preto de 3 millóns de euros
Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses e o obxectivo é inicialos este mesmo verán
A Xunta inicia as obras de instalación de dous semáforos de control de velocidade na estrada AC-301 ao seu paso polo concello de Rois
Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 34.000 euros, contan cun prazo de execución de 1 mes
A Xunta aborda co sector do transporte público a posta en marcha de forma inmediata da tarxeta Xente Nova en Ourense e na área de Pontevedra
Os menores de 21 anos poderán solicitar desde o 10 de xuño este dispositivo que lles permitirá realizar viaxes gratis en autobús nestas áreas a partir do día 15