Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica as obras de limpeza e conservación da ponte sobre o río Avia, na estrada OU-209, no concello de Leiro
Esta actuación, adxudicada por preto de 30.000 euros, conta cun prazo de execución de tres meses e comezará nas vindeiras semanas
Un total de 21 empresas presentan as súas oferta para executar a mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés nas rúas Garabal e Mulas ao seu paso polo polígono do Tambre
As obras, licitadas por importe de 1 millón de euros, comezarán a finais de setembro e terán un prazo de execución de 6 meses
A Xunta restablece desde mañá a totalidade dos servizos de autobús entre Ponteceso e A Coruña
Co restablecemento de todas as liñas e frecuencias, as expedicións diarias aumentarán de 5 a 7
A Xunta restablece desde mañá a totalidade dos servizos de autobús entre Pontedeume e Ferrol, aumentando de 14 a 24 as expedicións
Estas liñas disporán de 12 saídas da Coruña e 11 de Ferrol, todas con parada en Pontedeume, de onde ademais partirá especificamente un percorrido ás 7:20 horas
A Xunta e o Concello de Curtis acordan a solución ao abastecemento de Teixeiro e a ampliación da potabilizadora para cubrir as necesidades do municipio e do polígono industrial
A mellora proxectada suporá un investimento superior aos 2,7 millóns de euros e servirá a unha poboación de preto de 5.200 habitantes no ano horizonte 2042
O DOG publica a resolución que establece a reposición do 100% dos servizos de autobús dentro dunha mesma provincia a partir de mañá
No caso dos servizos de transporte de viaxeiros interprovinciais de titularidade autonómica fíxanse nun mínimo do 80%
A Xunta e a Universidade de Santiago asinan un convenio para desenvolver un sistema que converta as depuradoras en sistemas de vixilancia fronte a rebrotes da covid-19
O proxecto, no que tamén participan as empresas operadoras, busca aproveitar a información que arroxan as augas residuais, que revelan a presenza do virus unha semana antes de que aparezan os síntomas nos infectados
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción de beirarrúas na estrada LU-133, en Castro de Rei
Este contrato, adxudicado por preto de 15.000 euros, conta con seis meses de prazo para redactar o proxecto
A Xunta convoca aos titulares dos terreos necesarios para a 1ª fase do desdobramento da VAP Nadela-Sarria para formalizar as actas de ocupación os días 7, 8 e 9 de xullo
O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica hoxe esta convocatoria, incluíndo a información sobre o protocolo de seguridade establecido pola Xunta para a prevención da covid-19 nos actos expropiatorios
A Xunta licita por 1,17 M€ a explotación da nova estación de autobuses da intermodal de Ourense, que acadará os 400.000 viaxeiros ao ano, un 12% máis que a actual
As empresas interesadas neste contrato de 5 anos poderán presentar as súas ofertas ata o día 23 de xullo