Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

04/08/20 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a nova praza verde que transformará o cruce dos Concheiros e compaxinará o paso dos peregrinos cun tráfico fluído para os veciños estará lista no inicio do Xacobeo

Esta intervención “integral e ambiciosa” ten por obxectivo facer do nó de Concheiros unha zona na que a Ruta Xacobea sexa máis identificable para o peregrino, ademais de reforzar a seguridade e mellorar os tráficos pensando no día a día dos veciños

04/08/20 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o servizo de apoio para o desenvolvemento do proxecto Innovaugas 4.0. coa fin de mellorar a xestión da auga e incrementar a capacidade de resposta ante o cambio climático

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe o inicio desta contratación por un importe de máis de 796.000 euros

04/08/20 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a instalación de nova iluminación LED na glorieta elevada de Mollabao, no inicio da variante de Marín

A intervención consistiu na mellora do sistema de iluminación do enlace de conexión coa estrada PO-11 para reforzar a seguridade viaria na contorna

03/08/20 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 80.000€ os traballos de restauración do santuario da Nosa Señora das Ermidas

Na última década, a Administración autonómica investiu máis de 300.000 euros neste BIC para resolver e reparar as patoloxías observadas no templo

03/08/20 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta instala 3 novas marquesiñas na estrada PO-549, entre Vilanova de Arousa e Cambados, completando a mellora de seguridade executada na contorna

A colocación dos refuxios complementa a actuación de eliminación do tramo de concentración de accidentes entre Deiro e a intersección da VG-4.3, recentemente rematada

03/08/20 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dun centro de transformación para dotar de subministro eléctrico o sistema de saneamento de Veiga Grande, en Cerdedo- Cotobade

Estas actuacións, adxudicadas por un importe de máis de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de tres meses

03/08/20 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a nova senda peonil de Ordes estará ao servizo dos veciños e usuarios do albergue de peregrinos a finais de ano grazas a un investimento de case 650.000 euros

O itinerario, que se constrúe pola marxe dereita da estrada en formigón coloreado e conta cunha lonxitude de 1.300 metros, unirá o núcleo de Ordes co lugar da Costa

03/08/20 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle á DXT que comunique nos paneis de mensaxería das autoestradas e autovías de entrada en Galicia o teléfono habilitado sobre a covid-19

Pide a colaboración do organismo de Tráfico para trasladar, a través destas pantallas, unha mensaxe sinxela: “Coronavirus en Galicia, chame ao 881 00 20 21”

02/08/20 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe os últimos remates e a retirada dos apoios das liñas de media tensión na actuación de integración paisaxística realizada entre o polígono do Tambre e o cemiterio de Boisaca

A actuación xa acometida na zona empresarial deixa ese ámbito preparado para recibir mellor aos peregrinos co acondicionamento integral dun treito de 800 metros do Camiño Inglés

02/08/20 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos do río Ulla e afluentes ao seu paso polos concellos da Estrada, Teo, Vedra, Vila de Cruces, Boqueixón e Touro

No marco desta intervención tamén se está a traballar nos seus afluentes: Santa Lucía, Rego da Riveira, Pazos, Vieites, Beuvas, Añobre e Frontilleiro, entre outros