Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia un expediente sancionador contra Adif por unha posible infracción grave tipificada na Lei de residuos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitaron esta mañá o lugar no que acabaron depositados dous vagóns do tren de mercadorías que descarrilou a semana pasada á altura de Carballeda de Valdeorras
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza en varios ríos ao seu paso polos concellos de Carballo e Coristanco
Estas tarefas estanse a desenvolver no río Anllóns ou nos regos de Oza e da Balsa, en Carballo; e no río Grande, entre este último municipio e o de Coristanco
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no río Brexa, no concello de Cambre
Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso pola parroquia de San Paio de Brexo
A Xunta inicia as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, entre os concellos de Tomiño e Tui
Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no río Umia, nos concellos de Ribadumia, Cambados e Vilanova de Arousa
Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso polas parroquias de Baión, Oubiña ou Ribadumia
Ethel Vázquez avanza a posta en servizo da glorieta na AC-164 en Bergondo coa que finalizan as obras de eliminación do treito de concentración de accidentes cun investimento de 405.000 euros
A nova glorieta, na intersección coa estrada de San Isidro, permite realizar os xiros e os cambios de sentido en condicións de maior seguridade
A Xunta inicia as obras de limpeza e conservación da ponte sobre o río Avia, na estrada OU-209, no concello de Leiro
As actuacións supoñen un investimento duns 30.000 euros e prevén un prazo de execución de tres meses
A Xunta redactará o plan de sendas do baixo Miño coa fin de acceder aos fondos europeos do período 2021- 2027
Vázquez Mourelle trasladoulle ao rexedor que o plan estudará a priorización, de acordo con criterios técnicos obxectivos, da execución dunha senda arredor do Monte de Santa Tegra
A Xunta executa os traballos para poñer en servizo a conexión da estrutura de regulación da Malata co colector da Cabana que deixará libre de vertidos a metade da enseada
A intervención, cuxo remate se prevé este venres, consiste na perforación do pozo de rexistro do interceptor situado na rotonda de acceso ao porto interior e na colocación da tubaxe
A Xunta inicia as obras para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na contorna do parque empresarial da pasaxe, en Gondomar
Os traballos de mellora da seguridade viaria nesta estrada que une O Porriño e Gondomar suporán un investimento próximo aos 435.000 euros