Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

17/08/20 | 16:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta insta ás navieiras ao cumprimento das medidas de prevención fronte á covid nos servizos de transporte público

A Dirección Xeral de Mobilidade recórdalles ás compañías que nas embarcacións con prazas de pé as persoas deben manter entre si a máxima distancia posible

17/08/20 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 18 empresas presentan ofertas para redactar o proxecto de trazado, construción e impacto ambiental da primeira fase da variante de Carballo, no tramo de Bértoa

A Xunta construirá esta infraestrutura en dous treitos, un desde o oeste de Carballo ata a vía provincial que leva a Compostela e outro, que é o da saída directa do polígono de Bértoa coa estrada de Ordes

17/08/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do expediente de información pública do proxecto de trazado da conexión entre a autoestrada AG-53 e a N-525, en Dozón

A Consellería de Infraestruturas incorpora ao proxecto achegas como o dobre sentido da nova vía entre a N-525 e o camiño de servizo paralelo á autoestrada

17/08/20 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para levar a cabo o Programa de inspección e xestión de noiros e muros nas estradas autonómicas

O servizo permitirá ter información detallada, realizar inspeccións rutineiras ou especiais e acometer as actuacións preventivas necesarias para aumentar a vida útil das estruturas, garantir a funcionalidade das vías e reforzar a seguridade viaria

16/08/20 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O acondicionamento da ponte do río Deva precisará manter ata o 25 de setembro o desvío de tráfico na OU-801, ao seu paso por Pontedeva e Cortegada

No primeiro estribo atopáronse deterioros na parte inferior das vigas metálicas, polo que o remate das reparacións necesita prolongar o corte

15/08/20 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na estrada OU-122, en Carballeda de Valdeorras, precisarán un corte e desvío de tráfico desde o luns ata o vindeiro martes 25 de agosto

Para avanzar nos traballos, cortarase a calzada desta vía, entre os puntos quilométricos 16+480 e 20+220 e desviarase o tráfico á altura de Sobradelo

14/08/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da AG-64 e establecerá desvíos do tráfico dende o luns entre Cabreiros e Vilalba

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 1 millón de euros nos traballos de reforzo do firme e sinalización en 13,4 quilómetros de vía

13/08/20 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos

A actuación, cun investimento de máis de 1,1 millón de euros, conta cun prazo de execución de 5 meses

13/08/20 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/08/20 | 11:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, cun investimento de 4,8 millóns de euros

A intervención centrarase na reparación dos danos na capa de rodadura e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais