Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

05/09/20 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/09/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/09/20 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza en catro ríos do Concello de Arteixo

No marco desta intervención estase a traballar nos ríos Seixedo e Arteixo, e nos regos de Vidueiro e Sisa

04/09/20 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o compromiso das empresas coas medidas de prevención fronte á covid-19 no autobús compartido, que neste curso acadará o 53% dos servizos escolares

A conselleira salienta que o protocolo deseñado co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral fará do autobús compartido “o medio de transporte máis seguro”, ao conter máis medidas que as que se aplican no ferrocarril ou nos avións

04/09/20 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade viaria na travesía de Sada coa instalación de sinais led para unha mellor visibilidade dos pasos de peóns

Trátase de incrementar seguridade de veciños e usuarios que transitan a pé pola travesía da estrada autonómica AC-163 que discorre paralela ao paseo marítimo

03/09/20 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reitera a súa disposición e interese en acadar unha solución xurídica sobre a dragaxe da ría do Burgo que non implique parar indebidamente a actividade marisqueira

A Consellería de Infraestruturas dirixiuse ata en catro ocasións nas últimas semanas ao secretario de Estado de Medio Ambiente solicitando unha reunión e demandou a convocatoria inmediata dun encontro entre os servizos xurídicos sen obter resposta

03/09/20 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de dotación de abastecemento ao núcleo de Prado, no municipio de Friol, cun investimento de 180.000 euros

Executouse o sistema de captación nas inmediación do núcleo de Silvela, e un depósito con capacidade para 75.000 litros, que funciona con enerxía solar

03/09/20 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo das actuacións necesarias para minimizar o risco de asolagamento en Xunqueira, no concello de Viveiro

A Plataforma de contratos de Galicia publica a licitación dos traballos por un importe duns 67.000 euros

03/09/20 | 10:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na vía de altas prestacións VG-2.1, en Monforte de Lemos, fan necesario hoxe o corte do tráfico en dous ramais

O ramal 1 e o acceso á estrada N-120 permanecerá pechado entre as 8 e as 13 horas e o ramal 2, entre as 14.30 e as 18 horas

02/09/20 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Preto de 4.000 menores de 21 anos da área de Pontevedra viaxan de balde no autobús interurbano da Xunta coa tarxeta ‘Xente Nova’ tras dous meses e medio de funcionamento

O maior número de usuarios mozos nesta área pertence o municipio de cabeceira, onde se teñen distribuído 1.850 dispositivos, seguidos polos de Marín, onde se teñen expedido 891 tarxetas Xente Nova