Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

17/09/20 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de reparación da tubaxe de pluviais na estrada OU-531 en Lampaza, no Concello de Rairiz de Veiga

A intervención, cun investimento de case 12.000 euros, estará rematada a finais de setembro

16/09/20 | 19:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra que o Estado despexe por fin o camiño xurídico que permita licitar a dragaxe da ría do Burgo sen necesidade de paralizar o marisqueo previamente

Esta decisión avala o que viña defendendo desde o principio a Xunta ao non existir base xurídica para suspender a actividade marisqueira antes de empezar as obras

16/09/20 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta a importancia para o saneamento da ría de Pontevedra das obras do novo colector e estación de bombeo de Marín, rematadas tras un investimento de 3,1 millóns

Vázquez Mourelle destaca que as obras supuxeron a instalación de 1,2 quilómetros de novas canalizacións e unha nova instalación de bombeo, para evitar infiltracións de auga do mar e o adecuado funcionamento da rede

16/09/20 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para a execución da primeira fase do desdobramento da vía de alta capacidade Nadela-Sarria

As obras, cun investimento de 24,6 millóns de euros, comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de 24 meses

16/09/20 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/09/20 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a construción dunha senda peonil na estrada PO-214 ao seu paso polo concello de Pontecesures

A actuación, cun investimento de case 50.000 euros, consistiu na execución dun itinerario pola marxe dereita da vía autonómica separada dos peches das fincas por un bordo de xardín

15/09/20 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez traslada á Comisión Europea proxectos para acadar a transformación dixital no transporte e ofrecer servizos máis atractivos, eficientes e útiles aos cidadáns

Vázquez Mourelle destacou a oportunidade dos fondos europeos para dixitalizar o transporte e mellorar a información aos usuarios, ofrecendo datos en tempo real e información de onde se atopa en cada momento o autobús ou da oferta dispoñible

15/09/20 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica hoxe a convocatoria dos actos expropiatorios para executar unha nova senda que unirá Carballo e Coristanco

Os actos de levantamento de actas previas fíxanse no termo municipal de Carballo entre os días 5 e 7 de outubro; e no municipio de Coristanco para o 8 de outubro

14/09/20 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que Galicia aspira a ser de novo referente en fondos europeos con proxectos para unha xestión máis verde da auga por 675 millóns de euros

Na reunión avaliáronse os proxectos que poden resultar elixibles para o cofinanciamento con cargo ao programa operativo Feder 21/27 e ao fondo de reconstrución Next Generation UE, creado a consecuencia da covid-19

13/09/20 | 11:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas