Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

20/09/20 | 09:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Brixeo, Eume e Chamoselo, ao seu paso polo concello das Pontes

As tarefas desenvólvense en distintos tramos interurbanos ao longo duns 5,6 km e inclúen a retirada de árbores e pólas caídas na canle e roza selectiva en tramos con maleza

19/09/20 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora de seguridade viaria na estrada LU-633 á saída do Camiño Francés en Portomarín

A actuación, cun investimento de case 50.000 euros, consistiu na rehabilitación das beirarrúas e na instalación dunha nova varanda de protección neste treito de estrada que une Pedrafita e Alto do Hospital

19/09/20 | 10:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Avanzan os traballos de estabilización dun noiro con técnicas de bioenxeñería no río Sar en Estramundi de Abaixo, no concello de Padrón, para minimizar o risco de inundacións

Esta intervención, cun investimento autonómico duns 250.000, forma parte das actuacións de mantemento de Augas de Galicia nas áreas identificadas con especial risco potencial de inundacións

19/09/20 | 10:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo o luns a nova circunvalación das Pontes reordenando a rede viaria e mellorando a mobilidade na contorna

A posta en servizo permite normalizar a circulación no núcleo das Pontes, ao restablecerse pola nova estrada a conexión entre a AC-101 e a AC-861

18/09/20 | 15:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pídelle ao Concello de Ames dilixencia nos traballos pendentes para a posta en servizo do novo centro de saúde do Milladoiro, finalizado xa hai dous meses

O novo equipamento sanitario, no que a Xunta investiu 2,7 millóns de euros, está rematado desde mediados de xullo pero pendente aínda de que o Concello remate a tramitación da acometida eléctrica para poder proceder á súa apertura

18/09/20 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pon en valor a transformación da imaxe do Camiño Francés no entorno da capela de San Marcos e na baixada do Monte do Gozo cun investimento de case 1M€

Vázquez Mourelle indica que se reordena a baixada do Monte do Gozo ata o paso coa N-634, sobre a AP-9, gañando espazo para os peregrinos e os veciños

18/09/20 | 10:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en marcha mañá case 500 novas liñas de transporte público que melloran o servizo aos usuarios e garanten o emprego de 260 condutores e 206 acompañantes escolares

Os servizos correspóndense con 10 contratos de transporte público, cun volume de negocio estimado en 14 millóns de euros, dos que a Xunta achegará 11,8 millóns

17/09/20 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a mellora do firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas

Os traballos, licitados por preto de 1 millón de euros, teñen un prazo de execución de 4 meses

17/09/20 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/09/20 | 12:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha senda peonil na estrada PO-325 ao seu paso por San Miguel de Oia, no Concello de Vigo

A actuación na estrada autonómica suporá un investimento de case 27.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 3 meses