Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

22/09/20 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en estradas da contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar, en Ourense

Estas actuacións, cun investimento de máis dun millón de euros, levaranse a cabo durante as vindeiras semanas coa fin de rematalas a finais de outubro

22/09/20 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/09/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación do firme na travesía do Pindo, no Concello de Carnota

Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 1 mes

21/09/20 | 17:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Mañá reabrirá ao tráfico a estrada OU-801, ao seu paso por Pontedeva e Cortegada, tras os avances nos traballos de conservación realizados na ponte

A vía autonómica que comunica Ribadavia co límite da provincia en Pontebarxas, na fronteira de Portugal, abrirase á circulación a partir das 14 horas, restando só pequenos remates que quedarán finalizados esta mesma semana

21/09/20 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza o remate neste ano da senda de Alba, que reforzará a seguridade viaria de veciños e peregrinos grazas a un investimento da Xunta de preto de 700.000 euros

Vázquez Mourelle destaca que a intervención favorecerá a mobilidade neste treito coincidente co Camiño Portugués e porá en valor esta contorna de cara ao Xacobeo máis necesario da historia

21/09/20 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon hoxe en servizo o acceso ao aparcadoiro do Hospital Materno da Coruña desde a rúa Xubias de Abaixo

Na vindeira semana realizaranse os traballos de aglomerado do firme da vía que rodea o hospital

21/09/20 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha pasarela no pontón do Rego Abeledo, en Sobrado, para garantir a seguridade no tránsito peonil de veciños e peregrinos neste treito da AC-934

Os traballos, adxudicados por un importe de preto de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 3 meses

20/09/20 | 10:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 88 solicitudes de axuda para o desenvolvemento de proxectos de mellora da calidade de auga das traídas veciñais

Trátase da primeira liña de axudas dirixida á mellora dos sistemas de abastecemento xestionados por comunidades de usuarios, cun investimento de 750.000 euros

20/09/20 | 10:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha cuneta de seguridade na estrada AC-409 ao seu paso por Bailía, no concello de Ordes

A actuación, adxudicada por un importe de máis de 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 2 meses

20/09/20 | 09:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns os traballos de roza e limpeza nas marxes da vía de alta capacidade PO-010, que conecta a circunvalación de Vigo co polígono industrial de Balaídos

Segue a traballarse na vía de alta capacidade CG 2.2, en Lugo e no Corgo; na estrada LU-862, entre O Vicedo e Viveiro, así como na autovía AG-64, entre Vilalba e Xermade