Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

07/10/20 | 18:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez insta ao Concello de Vigo a avirse a sumarse ao Plan de Transporte Metropolitano para permitirlle aos veciños aforros anuais de ata 1.000 euros nos seus desprazamentos

Concreta que a negativa do Concello a adherirse ao Plan impide que os veciños teñan as mesmas vantaxes e descontos que os da Coruña, Lugo ou Santiago

07/10/20 | 18:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o traballo da Xunta para garantir un transporte público seguro e viable fronte á pandemia e ao abandono do Goberno central

Pon en valor os 6 millóns de euros inxectados pola Xunta para garantir a liquidez das empresas e os postos de traballo, evitando poñer en perigo o acceso de miles de galegos a servizos básicos como a sanidade ou a educación

07/10/20 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará desde mañá as conexións de autobús entre Santiago e Lalín e entre Taboada e Lugo para atender a demanda xerada co inicio do curso en secundaria e na universidade

As conexións entre Lalín e a capital de Galicia veranse reforzadas desde este xoves con dúas expedicións máis en días laborables: un servizo ás 15,15 horas de Lalín a Santiago e outro ás 20,00 horas en sentido inverso

07/10/20 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de rehabilitación do firme na travesía do Pindo, no concello de Carnota

Esta actuación, cun investimento de máis de 48.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes

06/10/20 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/10/20 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada a ADIF tres alternativas para o aparcadoiro da estación intermodal de Lugo coa fin de poder pechar un acordo o antes posible para o impulso conxunto da infraestrutura

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade detalla as tres propostas “posibles e viables” para solucionar o financiamento do aparcadoiro da estación intermodal

06/10/20 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da nova captación no río Deza para o abastecemento ao concello de Lalín

A Plataforma de contratos de Galicia publica hoxe a licitación dos traballos por un importe de preto de 67.000 euros

06/10/20 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pon en valor a utilización de técnicas de bioenxeñería para minimizar o risco de inundacións e repoboar con vexetación de ribeira as marxes do río Sar en Padrón

Vázquez Mourelle salienta que o obxectivo da intervención é conservar o bo estado ecolóxico do leito e da área, diminuíndo o risco de asolagamentos

06/10/20 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de execución dunha glorieta na intersección das estradas autonómicas LU-652 e LU-546, en Bóveda

Os traballos, licitados por 212.000 euros, teñen un prazo de execución de 6 meses

05/10/20 | 17:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará desde o vindeiro mércores a conexión de autobús entre Montouto, en Abegondo, e A Coruña coa posta en marcha de novos servizos

Entrarán en funcionamento dous servizos adicionais: un ás 10:30 horas, con orixe na Coruña e destino en Montouto e outro ás 20 horas no percorrido inverso