Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

15/10/20 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias visita as obras de construción da glorieta que mellorará a seguridade viaria na intersección das estradas LU-652 e LU-546 en Bóveda

O delegado territorial da Xunta destacou que a nova infraestrutura facilitará os fluxos de tráfico na zona, mellorando a visibilidade do cruzamento e obrigando a reducir a velocidade no tránsito de vehículos

15/10/20 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de execución dun sistema de depuración no núcleo de Feá, no concello de Toén

A intervención contou cun investimento de máis de 35.000 euros e permite que os veciños deste núcleo dispoñan do servizo de tratamento de augas residuais

15/10/20 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ao Concello da Coruña que os novos contratos de transporte incrementarán nun 6,5% os servizos e mellorarán a accesibilidade ao centro sen afectar ao tráfico

Ampliaranse as expedicións a Entrexardíns, que pasarán das 575 actuais ás 615, redistribuíndose os horarios para diminuír o número de autobuses por hora nesa parada e reducindo os períodos de estancia nela

14/10/20 | 18:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta declara a emerxencia sobre a situación de turbidez do río Eume e do abastecemento de auga no concello de Pontedeume

Adoptaranse as medidas necesarias para reducir os niveis de turbidez e acometeranse actuacións de emerxencia na estación potabilizadora para conseguir, á maior brevidade, que a auga volva ser apta para o consumo

14/10/20 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/10/20 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Stop Accidentes presentan un protocolo con 49 recomendacións para fomentar condutas responsables entre todos os usuarios do transporte escolar

Vázquez Mourelle indica que esta guía didáctica ofrece recomendacións aos alumnos, ás familias, aos acompañantes, aos condutores e aos usuarios

14/10/20 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da nova depuradora de Arcade, no concello de Soutomaior

Este contrato, cun investimento de preto de 157.000 euros conta cun prazo de execución de 12 meses

13/10/20 | 17:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo a pasarela de conexión do Monte do Gozo coa rúa Ponte de San Lázaro en Santiago de Compostela

Esta infraestrutura, construída nas inmediacións coa estrada N-634, permitiu eliminar as escaleiras coas que se salvaba o desnivel existente

13/10/20 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre expediente para esclarecer a orixe da turbidez da auga do río Eume e depurar as responsabilidade que correspondan

Ethel Vázquez cualifica a situación de “inaceptable” e avanza que se está a estudar se houbo vulneración das normas de explotación e xestión da presa para, no seu caso, adoptar as medidas oportunas

13/10/20 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a execución dunha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento do concello da Guarda

Estas infraestruturas, cun investimento autonómico de case 50.000 euros, foron entregadas hoxe ao Concello da Guarda para o seu mantemento