Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

19/10/20 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
18/10/20 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activará esta semana a comisión para seguir a evolución da emerxencia do río Eume e do abastecemento de Pontedeume

Estarán representados, entre outros, a dirección de Augas de Galicia e técnicos dos departamentos de Obras e de Calidade das Augas, a empresa que xestiona o encoro, os Concellos de Pontedeume e de Cabanas e a concesionaria municipal

18/10/20 | 09:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada AC-546 ao seu paso polo concello coruñés da Baña

Seguirán as tarefas iniciadas no tramo da autovía Ferrol-Vilalba, nas Pontes, e na vía de alta capacidade GC-1.5, no municipio de Noia

17/10/20 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 1,5 millóns de euros na emerxencia do río Eume e do abastecemento de Pontedeume, a maior parte na modernización da potabilizadora municipal

Estímase que actuar na estación de tratamento de auga potable é a medida máis áxil e eficaz para lograr restablecer os parámetros que permitan o consumo da auga

16/10/20 | 16:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta actuará de forma inmediata na estación de tratamento de auga potable municipal como medida máis eficaz para repoñer canto antes o abastecemento de auga en Pontedeume

Das alternativas analizadas concluíuse que actuar na estación potabilizadora, con sistemas que favorezan a coagulación e a decantación dos limos en suspensión, é a medida máis acertada e áxil para restablecer os parámetros da auga

16/10/20 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o traballo conxunto da Xunta e o Concello para que a intermodal de Santiago estea en servizo no Xacobeo e demanda un compromiso do Goberno de España co ferrocarril

Vázquez Mourelle avanza que a Xunta segue axilizando ao máximo as obras da nova estación de autobuses e da pasarela para telas rematadas a finais de ano

16/10/20 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle ao Concello de Vigo o convenio para investir 1 millón de euros no saneamento de Teis co obxectivo de que inicie a tramitación municipal necesaria para poder comezar a obra en 2021

Trátase de apoiar ao Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais, para acabar coas infiltracións que provocan unha sobrecarga nesta rede e mellorar a calidade das masas de auga costeiras na contorna da depuradora

16/10/20 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución das obras de mellora do saneamento no núcleo de Lousada, no concello de Mondoñedo

Os traballos, adxudicados por un importe de preto de 44.000 euros, contan cun prazo de execución de 2 meses

15/10/20 | 19:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta restitúe o tráfico na estrada PO-307, en Cardalda, en Vilanova de Arousa, onde se executa a mellora da drenaxe na vía

Os traballos, que comezaron o martes, fixeron necesario pechar a circulación neste punto ata hoxe, cando que se reanuda dispoñéndose pavimento provisional

15/10/20 | 15:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas