Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

14/10/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará en 2023 máis de 10 M€ á mellora do saneamento da ría de Pontevedra tras culminar este ano as obras do emisario submarino dos Praceres

Vázquez Mourelle destaca que o emisario submarino dos Praceres é o máis longo de toda Galicia, acada xa o 90% de execución e estará rematado este ano para conectarse á depuradora nos primeiros meses de 2023
 

14/10/22 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/10/22 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de execución dunha cuneta transitable para reforzar a seguridade viaria na estrada AC-550 en Louro, no Concello de Muros

A s obras, cun investimento de preto de 40.000 €, céntranse na cuneta non revestida da marxe esquerda, que nos últimos anos sufriu perdas de material debido á auga que circula por ela

13/10/22 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras das novas sendas na Medorra e Paiseo, nos concellos do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz

Actuarase na marxe esquerda da estrada OU-101, na que se construirán sendas peonís para mellorar a seguridade viaria dos veciños destes tres municipios
 

12/10/22 | 15:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta defende a candidatura do proxecto Innovaugas 4.0 como semifinalista aos premios europeos de Adquisición de Innovación 2022

Os galardóns recoñecen os proxectos máis destacados en toda Europa de promoción da adquisición de innovación por parte axentes públicos e privados

12/10/22 | 10:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas, mellorando a accesibilidade peonil á terminal e os servizos aos usuarios

A intervención, que supuxo un investimento de preto de 50.000€, abre o acceso peonil ás dársenas desde a rúa, sen barreiras arquitectónicas

12/10/22 | 10:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras da nova senda peonil na estrada AC-305 en Burés, no Concello de Rianxo

A obra, cun investimento de 50.000 €, responde unha demanda veciñal e dá acceso a unha parada de autobús na marxe esquerda

10/10/22 | 18:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consello Nacional da Auga aproba o Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa que establece 212 medidas e un investimento de 1.885 M€ ata o ano 2027 para a mellora da calidade das augas

Galicia, xunto con Baleares, son as primeiras comunidades que contan coa aprobación dos seus plans hidrolóxicos para os vindeiros seis anos, que agora deberán ser ratificados polo Consello de Ministros mediante real decreto

10/10/22 | 18:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución de sendas nas estradas OU-101 e OU-150 en Montealegre e Valdorregueiro, no concello de Ourense, cun investimento superior aos 1,2 M€

Os traballos, cun prazo de execución de 6 meses, teñen como obxectivo o fomento da mobilidade sostible e a mellora da seguridade viaria nas zonas destas estradas que carecen dun espazo propio para o tránsito peonil

10/10/22 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para outubro e novembro os propietarios dos terreos necesarios para executar unha senda no Camiño Primitivo en Lugo

A actuación desenvolverase entre os puntos quilométricos 6+800 e 8+100 da estrada autonómica LU-530