Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

27/10/20 | 17:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras da nova senda peonil en Albarellos, no concello de Monterrei

Esta actuación, cun investimento de máis de 180.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses

27/10/20 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dunha senda peonil na estrada autonómica OU-540, en Santa Comba de Bande

Os traballos, cun investimento de máis de 35.000 euros, realízanse en ambas as dúas marxes da estrada, entre os puntos quilométricos 49+775 e 49+895

27/10/20 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance na fase final das obras de integración paisaxística do Camiño Portugués na rúa do Campo de Conxo afectarán ao tráfico a partir deste mércores

Os vehículos que circulen pola rúa Benéfica de Conxo cara á do Campo de Conxo deberán cambiar de sentido á altura da entrada de Televés, onde se habilitará una glorieta

27/10/20 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo demandan feitos concretos que acrediten o compromiso do Goberno coa Saída Sur e o Corredor Atlántico ante os fondos de reconstrución

Trasladan a preocupación pola falta de avances nunhas actuacións necesarias para o futuro do porto e da cidade fronte ao o impulso doutras nos portos do Mediterráneo

27/10/20 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca os exames para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril

As probas realizaranse na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago, os días 11, 12 e 13 de novembro, cumprindo coas medidas de prevención fronte á covid-19

26/10/20 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense

A intervención conta cun investimento de máis de 523.000 e iníciase cos traballos previos de retirada do material do interior: desmontado de mobiliario, carpinterías, elementos de fontanería, instalación eléctrica e o resto de instalacións

26/10/20 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública os mapas estratéxicos de ruído da rede autonómica de estradas nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio do procedemento, que establece un prazo dun mes, desde mañá e ata o vindeiro día 26 de outubro, para que os interesados presenten as súas suxestións

26/10/20 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia e Castela León pídenlle ao Goberno de España que aposte polo Corredor Atlántico como motor para unha reconstrución equilibrada

Vázquez Mourelle salienta que un noroeste máis vertebrado e competitivo é un activo ao servizo do progreso e do benestar do conxunto de España

26/10/20 | 10:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica as expropiacións para executar unha senda peonil e ciclista na estrada AC-133, entre Franza e Rilo, no concello de Mugardos

Esta intervención conta cun investimento autonómico de preto de 500.000 euros, nos que se inclúen as expropiacións das 33 fincas necesarias

25/10/20 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Conselleira de Infraestruturas pide comparecer a petición propia no Parlamento para informar das medidas da Xunta pola emerxencia do río Eume e do abastecemento a Pontedeume

Ethel Vázquez dará conta das circunstancias que teñen motivado a declaración de emerxencia e das medidas que xa está a executar a Xunta para modernizar a potabilizadora municipal